domingo, 28 de febreiro de 2021

Debate: Está o noso planeta en perigo?

Este pasado venres realizamos na aula un debate sobre medio ambiente para responder á pregunta "Está o noso planeta en perigo? Cada alumna e cada alumno expuxo a súa opinión e as súas razóns polas que consideraba que o planeta estaba en perigo ou, polo contrario, pensaba que non era así. Ademais falouse de que medidas podíamos tomar todas e todos nós, e cada quen en particular, para coidar o medio ambiente. En breve poderedes escoitar o debate na nosa radio "Xixirei nas ondas".

RAP CAMPANAS DE BASTABALES

O alumnado de 5º fixeron este rap para conmemorar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro, coa letra do poema "Campanas de Bastabales". Esperamos que vos guste!



domingo, 21 de febreiro de 2021

Día de Rosalía 2021

O próximo mércores 24 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro. En Santiago e en moitos lugares de Galicia vaise lembrar este día, se ben por mor da pandemia case non vai haber actos públicos. Pero hai moitas maneiras de celebralo. Na nosa aula estamos a preparar un rap que despois gravaremos e publicaremos, tanto nos blogs do colexio (no da nosa aula por suposto!) e na radio Xixirei nas Ondas. Aquí podedes ver o cartaz que preparou a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Tamén podedes acceder á súa páxina a traveso deste enlace, onde poderedes ver os actos que organizan en diferentes vilas e cidades galegas.



sábado, 20 de febreiro de 2021

Diana Trujillo fálanos de misión Marte 2020 da NASA

Neste vídeo a enxeñeira aeroespacial Diana Trujillo, a directora de voo da misión Perseverante explicaba hai uns meses o que ían buscar a Marte. Moi interesante!

Diana Trujillo e a misión Marte 2020 da NASA

Neste artigo do xornal "El País" podedes coñecer á enxeñeira aeroespacial colombiana Diana Trujillo, quen estivo a cargo do equipo de enxeñeiros que desenvolveu o brazo robótico do Perseverance, quen foi nomeada directora de voo da misión Mars 2020 e que narrou onte en español, a aterraxe da nave na superficie de Marte.

Primeiras imaxes en cor de Marte tomadas polo Perseverance

No xornal GCiencia amósannos as primeiras imaxes en cor que tomou o Perseverance da superficie de Marte. Tamén podedes acceder á súa páxina web premendo neste enlace.

A célula

Este venres pasado estivemos a facer, por equipos, maquetas dunha célula animal. Como vedes no vídeo de abaixo o resultado estivo bastante ben. Con esta actividade plástica complementamos o estudo das células, especialmente das que compoñen o organismo humano, cos seus compoñentes fundamentais.



mércores, 17 de febreiro de 2021

A ESA busca novas e novos astronautas

Nesta noticia do xornal "La Razón" podedes ler esta noticia, sobre o proceso que vai iniciar a Axencia Espacial Europea para reclutar novos astronautas. Vós aínda non tedes idade, pero nun futuro, quen sabe? Mirade cales son algúns dos requisitos para poder chegar a ser un astronauta. Que vos parece?

Tamén podes visitar a páxina premendo neste enlace

mércores, 10 de febreiro de 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia con Nieves Vidal González

Esta mañá á volta do recreo celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia tivemos unha charla, "Esta árbore precisa de min" con Nieves Vidal González, doutora en bioloxía no Instituto de Investigacións agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en Santiago de Compostela. Nieves está a investigar sobre micropropagación de especies leñosas (sobre todo árbores), tamén é especialista en crioconservación de especies como o castiñeiro, o carballo ou a sobreira, análise de estabilidade xenética en plantas cultivadas in vitro, e outras máis. 

Na nosa aula falounos de diferentes aspectos do seu traballo como científica, de homes e mulleres científicas e das súas investigacións. Amosounos o proceso que se levou a cabo para clonar un carballo famoso, o Carballo das Mentiras de San Miguel de Sarandón, en Vedra, que enfermara e estaba a morrer. Explicounos todo o proceso científico levado a cabo, así como moitos aspectos, moi interesantes, do traballo científico. Foi unha charla moi interesante e instructiva, achegándonos a ciencia e o traballo científico dun xeito atractivo. 


O home de cristal

Había unha vez un home de cristal que vivía nunha cova do Himalaia. Tiña unha vida bastante aburrida, xa que non había moito que facer alí. Entón se lle ocorreu a idea de facer unha viaxe a algún lugar do mundo, e de súpeto apareceu un amigo seu e díxolle: “Se vas de viaxe derreteraste”. Pero o home de cristal non lle deu importancia, xa que ao ser de cristal el sabía que non se derretería.
O home de cristal despois de darlle voltas decidiu que iría a Hawai, el xa sabia que lle quedaba lonxe, pero decidiu seguir adiante. Entón o home de cristal recrutou a máis xente de cristal e empezaron entre todos a construír un barco.
Despois de varios meses o barco do home de cristal zarpou e estivo navegando varios anos, contemplando moitas paisaxes. Tiñan recollido moita comida para a viaxe pero non fora suficiente xa que ían pasar por cerca do Polo Norte para chegar a Hawai, e necesitaban subministración.
Aproveitaron que pasaban cerca de Noia e foron visitar de paso a catedral de Santiago e ver o Pórtico da Gloria, xa que sempre quixera velo.
Despois de comprar subministración decidiron ver como era un bar e unha escola, entón chegaron a Lavacolla, xa que sabían que alí hai un bar e unha escola. Primeiro foron o bar, que era O Sabugueira, saíron todos contentos de alí xa que tiña sido moi amables con eles.
A continuación foron a ver como era unha escola e entraron na escola CEIP Mestre Rodriguez Xixirei. O lugar pareceulles ben, pero houberan preferido ver o colexio con nenos. A tripulación de cristal proseguiu a viaxe para chegar ao seu merecido destino.
E aquí remata este conto.
Autor: Z

O home de cristal

O home de cristal vivía como outro calquera, tiña casa e todo o que teñen os demais seres humanos. Pero el non podía xogar ao fútbol nin a ningún outro xogo. Aínda así non lle importaba nada, el era feliz coas súas cousas, co seu can e co seu gato. A el dábanlle como a nós formigueiros no pe, como a moitos de nós, pero cando lle pasaba a el, non se podía mover.

O seu can, que tamén era de cristal, andaba sempre detrás do gato para amolado. O gato tamén era de cristal, e sempre tiña que escapar do can. Ao home gustaríalle que o seu can e o seu gato non pelexaran e se levaran ben, pero o can ía sempre perseguindo ao gato.

Un día o gato escapou por baixo dunha cadeira seguido polo can, que o perseguía detrás. O gato pasou por riba dun tarro de cristal e... cando o can quixo coller ao gato... pum! rompeu o tarro e o can cortouse cos cristais. Ao final houbo que levalo ao veterinario, onde tiveron que sacarlle o cristal e poñerlle puntos.

Ao chegar a casa, o gato, ao ver que o can estaba ferido sentiu mágoa por el, acariñouno e ao final durmiron xuntos.Ao día seguinte foron quitarlle os puntos ao can. Cando volveu a casa corría e non paraba quieto. Pero o home de cristal por fin podía estar tranquilo na súa casa.

Autor: X

O home de cristal

Érase unha vez un home que era de cristal e que non tiña moitos amigos. Pero a súa historia comeza así: Era unha botella de cristal que acabou rota pola rúa por culpa dunha xuntanza ilegal (porque había corentena). Esta xente acabaron multados por reunirse, tirar lixo e escapar. Ao tirar lixo ao chan rompéranse unhas botellas e alí aparecera Firulais. Que quen é Firulais? Vouvos explicar como naceu...
Era unha noite de tronada e entón caeu un raio por culpa do xigante Nubeiro (que como o seu nome indica vive nas nubes), un policía que estaba facendo a súa ronda e pasaba xusto polo montón de cristais rotos viu que caia un raio xusto por riba del e dos cristais. Isto fixo que a vida do policía pasara ao cristal tirado, facendo que o este collera a vida do policía.
Firulais, que así se chamaba, non entendía o que pasaba nin como chegara alí. Firulais intentaba achegarse á xente, pero corrían asustados de medo, pois era un cristal que se movía por si so.
Ata que se deron conta de que era Firulais o seu amigo. Pero había un problema: que ao ser de cristal cortaba, así que decidiu tirarse ao mar unha temporada para pulirse. E ao volver a casa esvaróuselle das mans ao seu amigo Paco e se rompeu en moitos anacos.
Luffy

La mujer de cristal

Una señora muy rica recibía la atención de todo el mundo. Tenía la atención de muchísimas personas, que andaban siempre detrás de ella. A muchas les gustaría quedarse con su fortuna. Pero a ella no le importaba.
Un día por la noche ella estaba durmiendo y de repente... escuchó ruidos. Al principio no les dio importancia, pero cada vez sonaban más cerca, así que empezó a asustarse. Pensó: “Da igual, tengo muchos guardias”. Pero seguía teniendo miedo, aunque no lo dijera.
Fue a la cocina a beber un vaso de agua, encontró un vaso preparado en la mesa, no pensó que aquello era muy raro, que la cocinera nunca dejaba un vaso así.
Cuando bebió, un hombre que estaba allí escondido se puso muy contento, pues al beber en ese vaso se iba a convertir en una mujer de cristal.
La mujer sentía algo raro y cuando se dio cuenta vio que se estaba transformando en una persona de cristal.
Decidió pedir ayuda a una señora que le podía dar algo para que recuperara su cuerpo normal.
Al llegar allí la señora le dijo que no podía abrirle la puerta. Ella le pregunto por qué. La señora le dijo que parecía una persona muy mala con la gente y no quería que le pasara algo malo.
Ella le respondió: “No te voy a hacer nada, es que me convirtieron en una mujer de cristal y quiero volver a ser humana.
La señora le pidió que se lo contara todo y al final le dio una infusión que la volvió a su estado normal.
Ella prometió que iba a cumplir con todas las normas (como salir a la calle con mascarilla) y que iba a ayudar a las personas pobres sin casa y sin comida.
Después de un tiempo siendo buena ya nadie le tenía envidia. Ahora dirigía muchos hogares para niños, adultos y hasta perros que no tienen casa. Se acordó de una frase que escuchara tiempo atrás: “Si quieres que te respeten y que no te tengan envidia, no trates mal a las demás personas”.
Ahora que cuida a tantas personas y animales se convirtió en la persona más querida de la comarca.
Yandere

La mujer de cristal

Cuenta la leyenda que un 6 de mayo nació una chica que se llamaba Sireli. Sireli era de cristal. Cuando Sireli salía a la calle todos la miraban raro. Un día la chica recibió una llamada, cogió el móvil y respondió: “¿Si? Dígame…”
-Hola, te llamamos desde un laboratorio, era para preguntarte si querías formar parte de un experimento – le dijo alguien.
-Vale, de acuerdo- contestó Sireli muy contenta
- ¿Puedes venir mañana a las 10:00 AM?- le preguntaron.
- Sí, a esa hora estoy libre- dijo Sireli.
Sireli colgó y se puso a llorar de la emoción
-Al día siguiente Sireli estaba muy contenta, así que se levantó pronto.
Cuando estaba preparando el desayuno recibió otra llamada.
Sireli temió que fuera algo malo, como, por ejemplo, que no pudiese ir al laboratorio para hacer el experimento.
- ¿Si? Dígame - dijo Sireli preocupada.
Hola, le llamamos desde la central de Netflix, era para saber si le interesaría participar en una película.
Sireli respondió con un sí, y le preguntó cómo se iba a llamar la película.
-Aún no lo sabemos. Pero si quieres puedes pensar en un título.
- Se puede llamar “La mujer que seguía hacia adelante”.
- ¡Buen título! - le dijeron- pero ahora tenemos que colgar- y colgaron.
Después Sireli se preparó y se fue al laboratorio.
El científico que estaba allí le contó como iba a ser el experimento.
A partir ese día no se supo nada más de la mujer de cristal.
Roter

El chico de cristal

29 de junio
Siempre estoy sentado en el mismo sitio mirando por la misma ventana aburrida, sentado en la misma silla aburrida, en el mismo cuarto aburrido, en la misma casa aburrida.
No tengo vecinos ni amigos ni nadie que me quiera, ni siquiera sé de dónde vengo ni de donde he salido, después de todo soy de cristal yo me tomo lo de ser de cristal como un sufrimiento y aún por encima me podría romper.
Nadie se acerca a mí, todos me tienen miedo. Siempre estoy perdiendo el tiempo, pero no tengo nada que hacer, mi vida se basa en estar encerrado en una habitación vacía.
-Hoy es 8 de julio, voy a salir a dar un paseo.
Estaba caminando tranquilamente por el bosque cuando lo vi...
Era como yo, de cristal.
Pero...
Los que son de cristal no están siempre en forma de cristal, adquieren forma humana y se transforman en cristal cuando quieren. Además, hay una forma de reconocer a los que son de cristal: Tienen una marca en el brazo.
Todo el mundo odia a los que son de cristal...no pregunten por qué.
Y los que son de cristal están en peligro de extinción.
Yo quise acercarme a él, pero se fue con rapidez, perdí la oportunidad de hacer un amigo.
He perdido todas las oportunidades de tener una vida feliz y ahora volveré a mi casa, aburrida dentro de mi habitación aburrida mirando mi ventana aburrida como todos los días y así seguirá mi vida, una vida aburrida, una vida llena de soledad.
Neko-Cham

Cristal y metal

Érase una vez un hombre, pero no uno “normal”, era un hombre de cristal, con pulmones, corazón, hígado, huesos...de cristal... era un hombre de cristal, transparente y cristalino, y se llamaba Óscar.
A Óscar lo creó un hombre que trabajaba en una forja de vidrio, ¿Sabéis cómo se hace el cristal? Con arena, sosa y cal, se mezcla todo y se mete en el horno y con un soplador se va dando forma, pues este hombre además de a Óscar, construyó toda una ciudad de cristal con pequeños habitantes de cristal. Este hombre además tenía poderes mágicos, y con ayuda de un conjuro que había encontrado en un libro muy antiguo pudo dar la vida a todos los habitantes de la ciudad, A ese hombre lo llamaron El Artesano.
Nadie, salvo Óscar se preguntaban cómo sería ese hombre, y porque los creó, así que emprendió un largo viaje para ir hablar con él y que le diese respuesta a todas sus preguntas ¿Por qué los creó? ¿Qué pasaban cuando se rompían? ¿Por qué se rompían?...
Óscar emprendió su viaje una mañana del mes de junio. Después de varios días caminando llegó al horno en donde estaba El Artesano. Pero antes de que pudiese hablar con él, tropezó en una de las herramientas, y se rompió los brazos y las piernas. Cuando El Artesano lo vio, le preguntó que hacía allí.
Óscar le contó porque quería visitarlo. Así que El Artesano impresionado por la valentía decidió volver a fundirlo, para ponerle otra vez sus extremidades, pero esta vez reforzadas de acero.
Óscar despertó en su cama y pensó que todo había sido un sueño, pero pronto se dio cuenta de que había sido real, y que sus brazos y piernas eran una mezcla de vidrio y acero.
Intentó ir de nuevo a buscar a El Artesano para darle las gracias y para que le contestase a sus preguntas, pero antes de que emprendiese el camino, vio que había una nota encima de la mesa de la cocina, en la que decía:
Querido Óscar:
He decidido viajar y dejar apagar el fuego de la fragua, por eso a partir de ahora quiero que seas tú el que te encargues de cuidar a los vecinos de esta ciudad.
Espero que pronto nos volvamos a ver.
Con cariño, tu amigo
El Artesano.
Desde entonces Óscar se convirtió en el guardián de la ciudad de Cristal.
El tío irlandés



Mozart

 


mércores, 3 de febreiro de 2021

La niña de cristal

Érase una vez una niña que era muy feliz y alegre, siempre estaba soñando despierta. Tenía mucha imaginación y le encantaba leer historias de ciencia ficción. Al llegar la noche se fue a la cama y se puso a leer uno de sus libros. Al día siguiente cuando se despertó se sintió rara, no sabía lo que le pasaba. Se miró las manos y como no se lo creía, fue a mirarse al espejo, pues se había convertido en una niña de cristal.
Al principio se asustó un poco pero igualmente estaba alegre, porque sentía que estaba dentro de uno de sus libros de fantasía. Lo que pasa es que no todo iba a ser tan divertido como parecía porque debía tener mucho cuidado, cualquier golpe podía hacer que se rompiera.
Tenía que vestirse para ir al colegio, pero no era capaz de doblarse para poner su ropa. Cuando llegó al cole sus amigos no la reconocían. No era capaz de sentarse en la silla y tuvo que permanecer de pie toda la clase. Cuando sonó el timbre para ir al recreo, ella quería jugar a la comba, pero al saltar se dio cuenta que pequeños trocitos de cristal de sus pies se rompían y no pudo seguir.

La niña se puso muy triste, no sabía que hacer ni como volver a ser una niña normal. Estuvo llorando y dando vueltas, pensando en cómo podía hacer. Y sin darse cuenta tropezó con una piedra, se cayó y se rompió en mil pedazos de pequeños cristales.
Al abrir los ojos, se vio en su habitación. Resulta que todo había sido un mal sueño!
Butterfly

martes, 2 de febreiro de 2021

O colexio rodeado polo mar

Estamos na clase de sociais; como vai moito sol, temos pechadas as persianas.
Cando as subimos e miramos fóra...
Descubrimos que estamos rodeados polo mar!
Cando eu o vin quedeime asustado, entón vin ata onde chegaba a auga, e non me cadraba. Só estaba ata o camiño de onde pasan os coches... Me quedei máis tranquilo, son moi bo cos escape room. Nun concerto cando escoito a música, normalmente miro cara arriba e vexo unhas lámpadas xigantes, estou no auditorio de Galicia, no auditorio de Mozart! Ese sitio ten moita saídas pero, ese se cerraran todas? Ou se se caerán as lámpadas, ou houbera lume, que pasaría e que material nos serviría para escapar vivos?
Esa é a cuestión. Pois estaba todo o colexio “patas arriba” uns profesores para aí, uns alumnos asustados cheos de pánico...
Todo un caos, entón, collín a palabra:
-Tranquilos! Xa sei que estades asustados, pero calculo que en menos de 10 minutos a cobertura non aguantará e nos afogaremos- Iso non funcionou, o que os asustou máis-Teño un plan, alguén terá que saír a coller unha escaleira e, cada un terá que ir a escaleira e subir o tellado antes de que o patio se inunde de todo.
Intentaron coller a escaleira para subir , e un a un foron indo o tellado, ata que subín eu e díxenlles:
-Vale, como os pequenos non saben nadar, temos que buscar unha especie de flotador, claro!, o papel para lavar as mesas co xel.
Foron, cada clase a súa aula, e ata Carmiña colleu as reservas de papel, montamos unha barca e fomos a carreteira, o colexio era máis grande do que parecía, e cando ía a irme, unha quenlla abalanzouse contra min. E esperteime, era un soño!

P D: O COVID-19 NON ERA CONTAXIOSO, ASÍ QUE ESTADE TODOS XUNTOS, NON PASOU NADA.

FIN
V

A escola no mar

Estabamos na clase de sociais, como vai moito sol, tíñamos pechadas as persianas. Cando as subimos e miramos fóra...
Descubrimos que estabamos rodeados polo mar!
Eu estaba sola na clase con Akane, e púxenme a pensar, pero non entendía porque estabamos rodeados polo mar, Akane tamén púxose a pensar pero non conseguíamos saber por que estabamos rodeadas polo mar.
Akane e eu estabamos moi asustadas. Akane, que é unha obsesionada co paranormal e dixo...
-Quizais un espírito botounos unha maldición e rodeounos polo mar ou quezas nos rodeou polo mar e no mar hai unha quenlla xigante ou un monstro subacuático.-
-Non digas parvadas.- díxenlle eu.
-Esta ben... que facemos?- dixo ela.
-Non sei, pero o que si sei e que imos morrer.- contestei eu.
-Sabes que?- preguntou Akane
-Que?- respondinlle eu.
-Vou investigar pola escola e buscar xente.- dixo ela.
-Vou contigo- díxenlle.
-Si, non me iría mal un pouco de compañía.- dixo ela.
Non encontramos a ninguén, pero seguimos buscando e encontramos a un compañeiro noso, estaba encerrado nun armario e estaba moi nervioso e asustado.
El explicounos o que pasara.
O que pasara era que...
Noso colexio esta cerca do mar, houbera un terremoto.
O mar desbordouse e a escola inundouse.
O neno chamábase Akiro, e nos dixo...
-Os demais profesores e alumnos conseguiron escapar menos nós, imos morrer...-
Eu díxenlle:
-Deixade de dicir que imos morrer, seguro que encontramos unha solución...
CONTINUARÁ
Neko-Chan

Debate sobre a felicidade