domingo, 13 de xuño de 2021

A máquina do tempo, de V

Conseguino. Xa o tiña nas miñas mans. A MÁQUINA DO TEMPO. Podía viaxar onde quixera, pero primeiro, tiña interese en ir o futuro, ao 2100, por exemplo.

Configurei A MÁQUINA DO TEMPO e púxenme en marcha. Levei unha cámara de fotos, por se había algo fóra do normal. Me transportei ao 2100, a viaxe non foi moi

longa, só tardou dezasete segundos.

E xa estaba. O primeiro que vin foi unha nova moi rara. Ían facer un perfume de  Lúa...Van coller un cacho do satélite, sei que podía non ir ben: un paso en falso e esnaquizan o noso planeta. Así que, como son tan curioso, avancei un pouco máis no tempo. Vin selva.

Estiven buscando, mais encontrei unha especie de diario, tiña a data do día de hoxe... (que estou no 2119), só que era de había 9 anos, no 2109.

Nel poñía o seguinte...:

Agatha Moreone:

23-12-2109

Hoxe van votar na tele un momento histórico: van coller un anaco da lúa para fabricar un perfume. Seguramente non poida compralo, aínda que pode que non estea en venta. Mais non creo que sexa moi boa idea. Eu vou no bando bo. Cada día prodúcense moitas   manifestacións e participan todos nelas.

Eu non quero iso, ninguén o quere, están obrigados polo rei. E agora hai poder absoluto, nos últimos 50 anos pasaron cousas do máis estrañas...

... e despois seguíalle unha foto de Agatha.

O diario caéuseme das mans. Un son procedía dos arbustos, e ocorréuseme dicir algo sen moito sentido:

- Agatha...?

- Grrr!!!

Un humano-mostro atacoume.

Agochei a cabeza para que non me dera e dinlle onde debería de estar o fígado. 

O becho retorceuse da dor, mais eu non lle din moi forte, non o entendín.

E cando pestanexei, xa non estaba. Despois dese “encontro”, algo moveuse dende os mesmos arbustos.

- Agatha...? - Outra palabra sen moito sentido, pero tiña medo.

- Como sabes o meu nome? - Preguntou Agatha (supoño). 

- Agatha Moreone?

- Si, esa son eu. Por? - Contestou.

Eu, máis tranquilo, acerqueime máis o arbusto. Era máis vella ca da foto. Tería como  20 anos.

- Que pasou?

- Estaba na miña casa, e cando colleron unha parte da Lúa... Tivemos tres días de tranquilidade. Despois... - dáballe pena recordalo – Despois... vin o meu pai correndo cara unha central nuclear. E caeulle un trono... Aí asusteime, e a miña nai tamén.

Eu tiña 11 anos, e xa sabía que era un trono por ter variado o clima, a Lúa estábase “descoordenando”. Calculaba que dentro dun ano a humanidade non existiría. Pero non foi así. Seguimos vivindo, só que agora hai uns mostros raros que queren comernos.

- Ah, si... Si, voume de aquí, esta época e moi rara, e se non me toman coma un tolo, poderei amañalo.

- Chao...?

- Si, adeus.

Funme a miña época e mostrei os meus inventos a todo o mundo, e salvei varios países,  mundos e comunidades, coma Galicia.

Autor: V

sábado, 12 de xuño de 2021

A máquina do tempo, de Anon

Había un neno chamado Xan. Xan e un neno normal, como todos os outros nenos do seu cole. Un día Xan foi pasear polo parque, coma sempre facía, co seu can, que se chamaba Rufo. Era un día bonito, con moito sol, e Xan estaba tomando a sombra ao pe dun carballo enorme de follas verdes e onduladas. De repente, escoitou, no silencio do día un son moi forte no ceo, era unha nave espacial redonda con moitas antenas e catro patas. Cando voaba xusto encima de Xan unha cousa pequena rara caeu da nave. A cousa tiña moitos botóns vermellos pequenos.

De repente, a nave chocou, cunha explosión tremenda e con un son tan forte que Xan caeu ao chan pola forza da explosión e o son. Ao caer Xan foi encima da cousa rara que caera da nave. Coa forza do seu corpo ao caer foi petar nos botóns. Todo empezou a xirar e xirar, ata que ao seu arredor so vía un gran borrón de cores.

Despois disto Xan volveu ver que estaba no mesmo sitio que antes. O única era que a nave non parecía ter chocado e, con moita sorpresa, viu que el mesmo volvía estar co seu can tomando a sombra dese gran carballo.

De novo, escoitou o son forte desa nave espacial que tiña causado a explosión, volveu caer e, desta vez, deuse de conta de que en realidade caera encima dunha máquina do tempo e de que volvera cara atrás no tempo, ao ver que se repetían todos os eventos da nave chocando xunto do gran carballo. Eran dous Xan, un Xan caendo ao chan pola explosión e caendo encima da maquina do tempo, e outro Xan que estaba descansando, ata que quedaron os dous Xan, un ao lado do outro.

Despois outro e outro e outro e outro e outro ata que Xan deuse de conta de que tamén estaba pulsando un botón redondo e verde, cun símbolo de multiplicar. Xan empezou a estar confundido, porque a cada minuto ían aparecendo outros Xans. Despois pensou: ”Será posible que este botón multiplique a persoa que o estea tocando?”.

Para saber se iso era verdade, deixou de pulsar o botón . E de repente, deixaron de saír os Xans. Xan pensou ,”Debo levar isto a un laboratorio para que o analicen. Pode que con isto se poderá axudar ao noso planeta Terra . Pero cando intentou levantar un pe para ir ao laboratorio, comprobou que non o podía facer. Intentouno outra vez, pero era como se os seus pes estivesen pegados ao chan.

Todo empezou a xirar e xirar, ata que todo era un borrón enorme e as cousas ao seu arredor empezaron a brillar, primeiro cunha luz verde, despois de cor azul e rosado, e miles doutras cores, ata que empezou o fixo cunha cor dourada. Pero aquel dourado era tan intenso que Xan tivo que cerrar os seus ollos. e despois...

Xan estaba na súa cama, era pola maña e o sol estaba entrando polas ventas. Xan levantouse contento.

Anon          

A máquina do tempo, de Itachi

Hai 20 anos eu encontrei unha máquina do tempo, si, si, unha máquina do tempo. Ao principio me preguntei se era un microondas, unha tostadora, unha tixola moi rara para salchichas... Así que entrei nela e viaxei 75 millóns de anos atrás, na época dos dinosauros. Ao principio entrara en pánico, pois que podería facer sen comida, auga nin electricidade?

Parei a pensar que ía facer, cando de repente un Tiranosauro rex  apareceu e lle dou un coletazo á máquina do tempo, mandándoa moi lonxe, tan lonxe que se meteu entre a selva. Saín correndo a unha cova, metinme nunha cova que había alí e escoitei un ruxido como o dun tigre, deime a volta... e había un dente de sable!

Como ía escapar desa cova? Ese anima íame devorar... Entón collín un montón de barro, cubrinme con el e puiden escapar polos pelos, pois en canto puiden saín correndo de alí o mais rápido posible. Non sabía nada nin onde estaba eu nin onde estaba a máquina do tempo.

Itachi

A máquina do tempo, de Waka Waka

 -Mamá, queres xogar?- Timm – sona o timbre-. 

-Abre ti, Alaska que eu estou facendo a comida-.

-Vale, xa abro eu...-

Cando salgo e vexo que non hai ninguén, miro para abaixo.

-Mamá, pediches algo?-.

-Non, por que?-.

-Porque aquí hai un paquete-.

-Méteo dentro, que está chovendo-.

-Vale, pero podo abrilo eu?-.

-Vale-.

Alaska sube á súa habitación.

- A  ver que hai...-. Alaska, ao ver que sae luz do paquete, pega un brinco.

-Bo, bo, bo, a quen temos aquí? Pero se é a miña amiga Alaska...!

-Eh que, quen es ti?-, tartamudeou Alaska.

-Non te acordas de min? Eu son Frank!

-Ah! Vale! E que fas aquí?

-Nada, son un elemento da máquina do tempo.

-Que maquina do tempo?

A que hai aquí dentro deste paquete, e podo levar a alguén nela. Pero unha vez que entres non me vas escoitar, queres facerme algunha pregunta agora?.

-Non, non, non fai falta... Seguro que me arranxo...- dixo algo por seguirlle a corrente.

-Ben, voume meter xa, ale, chao, adeus-. Cando se meteu, tiña posto un pantalón apertado por arriba e frouxo por abaixo. Antes de saír da máquina veu que estaba nun bar, no que había moito ruído.

“Pero en que ano estamos?”, preguntouse a si mesma. “Ben, vou saír”.

Cando saíu viu que había xente con vasos nas mans e dixo:

-Desculpen señores, ¿en que ano estamos?-.

Un home respondeulle amablemente:

-“Estamos  no ano 1867”.

Cando escoitou iso, inmediatamente saíu do bar. Estaba no 1867 e non o podía crer...! Díxose: “Eu estaba tan alegre no confinamento, abrín a porta, encontreime cunha máquina do tempo e agora estou no 1867. Ben, o lado positivo é que a xente é educada, non coma algunhas persoas alá no 2021. A xente non ten móbiles nin ordenadores, e hai máis sitio para xogar fora. Ben, terei que intentar volver a casa, a miña nai debe de estar moi preocupada”.

Foi ao baño do bar outra vez e meteuse na máquina do tempo, que era algo parecido a cando xogaba minecraft. Unha vez de volta a casa había un montón de xente na súa habitación. E sabedes por que? Porque tíñanse metido na máquina do tempo. Alaska díxolles que se volveran meter. pero había unha chica alta, rubia e de ollos azuis que non se quería ir, dicía que a miña habitación molaba un montón, e tamén me dixo que a súa non era tan bonita. Eu baixei a contarlle a mama todo o ocorrido, e a preguntarlle si esa chica podía ser a miña irmá, xa que eu non tiña. Mamá díxome: “Por min que quede, pero hai que preguntarlle a papá. O meu papá estaba no traballo, así que pregunteille por mensaxe. El díxome que si, e agora eu máis Claudia somos irmás.                                   

Waka Waka

A máquina do tempo, de El Tío Irlandés

Cando falamos dunha máquina do tempo, a que todos nos imaxinamos un aparello enorme, cunha cabina chea de luces, nunha habitación onde hai moitos ordenadores e cables. Pero nada máis lonxe da realidade, a verdadeira máquina do tempo ten a aparencia dun reloxo dixital como os que hai agora, que ademais miden moitas cousas, como os pasos, temperatura, calorías...

Esta máquina do tempo funciona salvo que uns microchips implantados no cerebro, concretamente no hipotálamo, lle envíen un sinal.

Que como o sei?, pois eu son unha das 5 persoas, unha por cada continente, que están en posesión dese reloxo e aos que nos implantaron os microchips, ao nacer. Chamamonos  os “Chouta-tempos”

Os nosos nomes verdadeiros nomes son: Sabela, Kakashi, Claton, Alika e Luk.

A doutora Sila LindaLu, que pertence a unha organización secreta os Illuminati, xa sei que case todo o mundo oíu falar dos Illuminati, pero ninguén pode demostrar a súa existencia, e case todo o mundo lle atribúe un papel importante nos acontecementos máis importantes da historia. E que non é como todo o mundo pensa maligna, senon que é unha organización que intenta protexernos.

Pois como ía dicindo a doutora Sila LindaLu, implantounos estes microchips, ao nacer, escolleunos ao chou, tanto me puido tocar a min coma a outra nena ou neno que nacera en París ou Londres, pero tocoume a min, Sabela, que nacín no Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Cando llo explicaron aos meus pais, leváronse un desgusto moi grande, pois eles querían que fose unha nena normal, cunha vida normal ou  polo menos dentro da normatividade, e despois de convencelos e ca promesa de que si eu cando fose maior non quería levar es vida a podía deixar en calquera momento, convertinme e un “Chouta-tempos”, e a miña misión e protexela máquina do tempo para que non caia en malas mans.

E aínda que pareza incrible eu so viaxei, no tempo unhas dez veces, porque é moi perigoso, non so porque cando viaxas o pasado podes cambiar todo o futuro e o mundo tal e como o coñecemos agora, senón porque cada vez que viaxamos no tempo, o noso cerebro perde moita cantidade de masa cerebral e de neuronas, polo que nos temos que someter a un tratamento rexenerativo. Ademais quedas esgotado física e mentalmente. E sempre viaxei o pasado o futuro esta prohibido, por unha lei, a Lei do Tempo, que formulou a doutora Sila, que di que o tempo é coma un espazo circular, e que se o adiantamos interrompendo a traxectoria espazo-tempo, romperíase e o mundo destruiríase.

A teoría é moi complicada, pero viaxar é sinxelo, so temos que concentrarnos e visualizar a data a que queremos ir, e entón os impulsos eléctricos que emite o cerebro ao microchips, fai que a enerxía se concentre e lévanos a data na que pensamos. O proceso é como espertar dun sono.

Toda a nosa organización, cre que nun futuro haberá máis persoas que nos axuden, unha vez que perfeccionen a máquina e que isto pode axudar a salvar o noso planeta e as vidas de moitas persoas, porque esta seriamente danado pola nosa acción.

E nos como “Chouta-tempos”, debemos salvagardar non so a máquina, se non todo o coñecemento e as investigacións, que durante este tempo estivemos levando a cabo. Temos unha gran  misión por diante.

El tío irlandés

 


La máquina del tiempo, de Lolo

Érase una vez un niño que se llamaba Roki, y era en el siglo de los cavernícolas. Un día una familia lo encontró en la nieve congelado y el preguntó: ¿Pero en dónde estoy?” Le dijeron que en el siglo veintiuno. Él dijo: “Unos niños que están en ese bosque me tiraron algodón de azúcar en la cara, y en su tribu cuando le tiraban a alguien comida era para declarar la guerra”.  Ellos le dijeron que no era así en el siglo veintiuno. Lo intentaron arreglar de manera pacífica y pidiendo ayuda a una persona mayor. Pero se encontraron con un señor loco que quería meter a Roki en un cubito de hielo para venderlo a un museo y hacerse rico. Pero no lo consiguió porque consiguieron escapar de él.

A Roki no le gustaba ninguna comida del siglo veintiuno. Así que lo llevaron al San Carrodio. Allí le encantó todo. El camarero le dijo “Vuelve cuando quieras”.

Más tarde Roki se fue al bosque y allí encontró una máquina del tiempo. Intento arreglarla para poder irse a su siglo con sus hermanos. Cuando iba a salir de la máquina vio que no había nadie y que se extinguieran todos, hasta los dientes de sables. Entonces volvió al siglo veintiuno. Pensó que se quedaría en este siglo. Ahora iba siempre al San Carrodio a comer.

Un día, de repente, dijo: “¡Trompas de mamut!”, porque se lo estaba pasando muy bien. El problema es que el señor loco sigue empeñado en que va a conseguir a Roki. Por ahora no lo consiguió, y espero que nunca lo consiga…

Lolo

Debate sobre a felicidade