mércores, 10 de febreiro de 2021

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia con Nieves Vidal González

Esta mañá á volta do recreo celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia tivemos unha charla, "Esta árbore precisa de min" con Nieves Vidal González, doutora en bioloxía no Instituto de Investigacións agrobiolóxicas de Galicia (IIAG), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en Santiago de Compostela. Nieves está a investigar sobre micropropagación de especies leñosas (sobre todo árbores), tamén é especialista en crioconservación de especies como o castiñeiro, o carballo ou a sobreira, análise de estabilidade xenética en plantas cultivadas in vitro, e outras máis. 

Na nosa aula falounos de diferentes aspectos do seu traballo como científica, de homes e mulleres científicas e das súas investigacións. Amosounos o proceso que se levou a cabo para clonar un carballo famoso, o Carballo das Mentiras de San Miguel de Sarandón, en Vedra, que enfermara e estaba a morrer. Explicounos todo o proceso científico levado a cabo, así como moitos aspectos, moi interesantes, do traballo científico. Foi unha charla moi interesante e instructiva, achegándonos a ciencia e o traballo científico dun xeito atractivo. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade