mércores, 10 de febreiro de 2021

O home de cristal

Érase unha vez un home que era de cristal e que non tiña moitos amigos. Pero a súa historia comeza así: Era unha botella de cristal que acabou rota pola rúa por culpa dunha xuntanza ilegal (porque había corentena). Esta xente acabaron multados por reunirse, tirar lixo e escapar. Ao tirar lixo ao chan rompéranse unhas botellas e alí aparecera Firulais. Que quen é Firulais? Vouvos explicar como naceu...
Era unha noite de tronada e entón caeu un raio por culpa do xigante Nubeiro (que como o seu nome indica vive nas nubes), un policía que estaba facendo a súa ronda e pasaba xusto polo montón de cristais rotos viu que caia un raio xusto por riba del e dos cristais. Isto fixo que a vida do policía pasara ao cristal tirado, facendo que o este collera a vida do policía.
Firulais, que así se chamaba, non entendía o que pasaba nin como chegara alí. Firulais intentaba achegarse á xente, pero corrían asustados de medo, pois era un cristal que se movía por si so.
Ata que se deron conta de que era Firulais o seu amigo. Pero había un problema: que ao ser de cristal cortaba, así que decidiu tirarse ao mar unha temporada para pulirse. E ao volver a casa esvaróuselle das mans ao seu amigo Paco e se rompeu en moitos anacos.
Luffy

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade