venres, 25 de decembro de 2020

Luces de Nadal e biodiversidade

Agora que semella que a iluminación navideña é algo imprescindible na maioría das cidades, e canto máis mellor, a organización Seo BirdLife, no seu artigo "Luces navideñas y biodiversidad", pensan doutra maneira. Vós que opinades?

Preme neste enlace ou na imaxe de abaixo.

O corzo


 

xoves, 24 de decembro de 2020

Lecturas para este Nadal






  • Ledicia Costas (2020): A señorita Bubble baixo cero. Editorial Xerais. Ilustrador: Andrés Meixide.
  • Bárbara Cantini, tradución de Rosa Marta Gómez Pato e Manuel González González (2018): Mortiña. Un curmán repugnante. Editorial Hércules de Ediciones.
  • César Cequeliños e Jorge Campos (2019): Atlas da Galicia pequeniña. Editorial Aira.
  • Kenjo Miyazawa (2020): Unha noite no tren da Vía Láctea. Editorial. Editorial Aira

mércores, 23 de decembro de 2020

Fomos cantar os Reis

O pasado xoves as alumnas e os alumnos de 5º fomos cantar os Reis polas casas dos arredores, pola Esquipa adiante ata As Quenllas. Caía un pouco de poalla a ao final púxose a chuviscar un pouco, pero pasámolo moi ben cantando polas portas, transmitindo a nosa alegría. Non fixemos fotos!! Pero xa vos imaxinades un grupo de rapazas e rapaces con adornos de Nadal cantando panxoliñas nas portas das casas. Paxámolo xenial!!

Películas


















7

martes, 22 de decembro de 2020

Xa comezou o inverno!

O inverno comezou onte 21 de diciembre ás 11 horas y 2 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos del Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional, Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana). Vai durar 88 días e 23 horas, e rematará o 20 de marzo de 2021, cando comezará a primavera.
Se queredes ter máis información podedes acceder á paxina do Instituto Xeográfico Nacional ou na do xornal GCiencia.
Ademais, este ano, arredor desta data poderemos ver, se as nubes o permiten a chamada "Estrela de Belén", que é a alineación, vista desde a Terra, dos planetas Xúpiter e Saturno, o cal producirá un gran brillo no ceo nocturno. Podes ver este vídeo da revista Muy Interesante sobre este fenómeno:

domingo, 20 de decembro de 2020

Un día na vida da Mona Lisa

Son o cadro da Mona Lisa, tamén coñecido como A Gioconda, e pintoume Leonardo da Vinci. Encóntrome no Museo do Louvre, en París.
Vou contarvos como é un día na miña vida no museo. O meu día comeza pola mañá aínda coas luces apagadas ata as 10. Durante a noite teño que descansar porque despois me espera un día duro. A xente comeza a entrar pola porta do museo ás 10 de mañá. Todos os días o museo énchese de persoas que fan cola durante moito tempo para ver obras de arte, entre elas a min. 
O meu día é moi entretido porque cada día vexo pasar a miles de persoas diferentes e gústame observar como me miran. Tamén me gusta escoitar os distintos idiomas que falan, porque ven xente de todo o mundo. Encántame que me saquen fotos porque síntome moi fermosa.
Pero estou cansa de poñer sempre a mesma cara.

Xogando fóra

É unha nena e un neno que están xogando a un xogo que se chama “o potro”. Están ao aire libre. O xogo consiste en que unha persoa ten que estar agachada e outra ten que saltar apoiando as mans no lombo da primeira, e así sucesivamente. Pódense ir sumando novas persoas. 
Trátase dun xogo moi divertido que se pode xogar en calquera lugar no que haxa un pouco de espazo. Non se necesita ningún material. Moitas veces as miñas amigas e eu xogamos ao potro porque nos gusta moito. 
Tamén xogamos a outros xogos, como o brilé, pilla-pilla, escondite... Pero os meus xogos favoritos son o cachivote e este. 
Para xogar ao cachivote necesitamos unha pelota, unha persoa que busque, outras que se escondan. Alguén tenlle que dar unha patada á pelota. A pelota ten que ir o máis lonxe posible. Mentres a quen lle toca vai buscar a pelota, os demais teñen que esconderse. 
A persoa que busca colle a pelota, lévaa ao seu sitio e busca aos demais. Cando atopa a alguén di “1, 2, 3, cachivote por...” (nome da persoa atopada).

venres, 18 de decembro de 2020

Posta do Sol

 


Sol de medianoite

La Bella Durmiente y su hijo Lam


Pocos meses después de la boda la pareja tuvo un hijo llamado Lam. Como Rapunzel era la prima de la Bella Durmiente sabía toda la historia. Esta tenía miedo de que también se llevaran a su hijo. Entonces lo protegió muy bien.
La Bella Durmiente tenía un castillo. Por dentro de este castillo había otro castillo, y por dentro del castillo del castillo tenía una casa. Y dentro de la casa del castillo del castillo tenía una habitación secreta, y en la habitación secreta de la casa del castillo del castillo dormía Lam. 
Su madre se quedaba todas las noches despierta, por si acaso. Daba toda la noche vueltas al castillo. Su padre, además, estaba en esa habitación secreta de la casa del castillo del castillo, también despierto.
Continuará… 

xoves, 17 de decembro de 2020

Caixa niño

Esta mañá colocamos nunha das bidueiras do areeiro unha caixa niño e un comedeiro para paxaros que nos enviou a Asociación Ambiental Adiantum, co Proxecto “Aves de Compostela“ e o apoio da Deputación Provincial da Coruña.

Experimentos de cores e outras propiedades físicas

Esta semana fixemos na aula dous experimentos relacionados por que en ambos os dous trabállase con cores.

O primeiro, que chamamos Arco da vella no prato, consiste en poñer nun prato unhas cantas lentellas de chocolate e azúcar coloreado, botarlles auga e ver o que ocorre. A cor abandoa os caramelos e tingue a auga, pero as cores non se mesturan. O azúcar aumenta a densidade da auga e forma barreiras de cor.


O segundo experimento, Mestura de cores, traballa a capilaridade, que é a capacidade, grazas a cal a auga pode subir aproveitando conductos minúsculos, o que lle ven moi ben, por exemplo, ás plantas para levar a auga da raíz ás follas. Neste caso, o papel de cociña transmite por capilaridade a auga coloreada duns tarros a outros, formando, así as cores secundarias violeta, laranxa e verde.



domingo, 13 de decembro de 2020

Selección de vídeos musicais

 
Aínda que xa puxéramos no blog da biblioteca este vídeo, non me podo resistir a poñelo outra vez. É o segundo single do disco As catedrais silenciadas", de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Músicas do Salitre - Maio 2020).
E este é un vídeo de saudo do duo Caamaño Ameixeiras, pensando no Festival 2021 ao terse suspendido o Festival 2020 por mor do coronavirus.
 
E a ver que vos parece este feito polo alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019-2020, do CPI Dodro. Espero que vos guste a selección.

sábado, 12 de decembro de 2020

Problemas peludos

 


Colexios sen tecnoloxía

Gurús tecnolóxicos como Bill Gates, Steve Jobs ou Tim Cook prefiren que os seus fillos estean moi alonxados desa mesma tecnoloxía, aínda que eles mesmos a crearon. Entón, a esas rapazas e a eses rapaces non os levan a un colexio normal, como son aquí agora, con ordenadores e demais, senón a escolas sen tecnoloxía. Non hai ordenadores, senon libros; non hai pizarras dixitais, senón pizarras con xiz... Resumindo, que os creadores, por exemplo, de Facebook ou Instagram non lles deixan ás súas fillas e fillos ter eses medios, que eles crearon. Non queren que teñan tablet nin ordenadores. Estraño, non?

La bella durmiente (después de la boda)

Después de la boda con la princesa, el príncipe se murió. La verdad, nadie supo por qué (en realidad, el hechizo del hada malvada incluía que o príncipe morrera). La princesa lloró durante 7 meses y casi se ahoga de tanto llorar, pero al final se salvó. 
Entonces se oyó hablar de una enfermedad, conocida como a Peste Negra. La princesa marchó a un pueblo lejano, donde encontró una casa en la que vivía alguien un poco raro, quien le abrió diciéndole que podría salvarse de la enfermedad. La princesa entró en la casa, era una casa hecha con palitos. Allí se enteró como se salvaría… 
La princesa volvió, y por el camino se encontró con una escuela que antes no estaba allí. Confusa, se preguntó: “¿Dónde estoy?”. Una persona que pasaba por allí le dijo: “Este es el CEIP Mestre Rodríguez Xixirei…”. 
La princesa pensó que solo había estado unas horas fuera, pero ahora parecía que hubiesen pasado muchos años. Se encontraba sola, pues no encontró a nadie de los suyos. 
Después de un tiempo fue adoptada por una familia, que la acogió generosamente. Al principio la princesa vivía confusa, pero poco a poco volvió a ser feliz.

venres, 11 de decembro de 2020

El muñeco de nieve

Hacía frío y mamá había organizado una excursión a la nieve para jugar y pasarlo bien con mis hermanos. Cuando llegamos al refugio, se escuchó una voz por el altavoz que nos daba la bienvenida a la montaña. 
A mí me encanta la nieve, así que fui corriendo junto al refugio y me puse a hacer el mayor muñeco de nieve del mundo. O, al menos, eso me parecía a mí. Me había llevado una bolsa con zanahorias, botones, una bufanda… Lo tenía todo para mi gran muñeco. 
Lo quería hacer tan grande que siempre se desmoronaba. Mis hermanos pasaban junto a mí y me decían que lo dejase, que no sería capaz. Pero entonces llegó mamá, me abrochó los botones del abrigo y me dijo al oído: “Con esfuerzo conseguirás lo que te propongas” 
Me puse a construir mi gran muñeco con más ganas que antes. Cuando papá pitaba con el coche para irnos, me faltaba ponerle la nariz. Vino mamá, me cogió en brazos y me ayudó a ponerla diciendo: “¿Ves hijo? Vales mucho

Océanos

Aquí podedes ver un traballo crítico sobre a película Océanos, realizada por un alumno desta aula.

Aquí vedes un avance da película:

O ovo e a botella

Estes días estamos facendo moitos experimentos científicos no colexio. Este vídeo de abaixo é unha mostra. É un experimento, "O ovo e a botella" que fixemos na nosa aula hai uns días, pero do que non temos imaxes. Hoxe fíxose en primeiro e volveu ser incrible.

Este experimento que amosa a forza da presión atmosférica. Ao consumirse o osíxeno que hai dentro da botella, a presión atmosférica do exterior empuxa o ovo cara abaixo con moita forza!




Felicitacións de Nadal

O alumnado da nosa aula está a deseñar tarxetas de felicitación de Nadal, para participar no concurso de Tarxetas de Nadal do colexio, pero tamén polo puro pracer de crear. Ollade, por exemplo, esta tarxeta. E haberá máis...



xoves, 10 de decembro de 2020

Encontro con Enrique Otero

Esta mañán tivemos con nós a Enrique Otero Suárez, director, guionista, produtor de cine, músico e pai dunha alumna da nosa clase. Enrique comezou no mundo do cine en 1992 rodando a curtametraxe Cuchillo e, como músico, gravando o seu primeiro disco Nautilus, co grupo Kozmic Muffin. No 2011 estreouse facendo a súa primeira longametraxe, Crebinsky, coque gañou ata agora máis de 15 premios. Tamén foi candidata aos Premios Goya.
Reunímonos con el na biblioteca do cole e alí nos contou moitísimos aspectos interesantes do mundo do cine, de como se fai unha película, da escrita dos guións, da súa visión do cine, e de moitas outros aspectos desta arte. Tamén nos falou de música e das catro bandas nas que toca. Foi moi interesante, as alumnas e os alumnos estiveron moi atentos e con moita curiosidade, non deixaban de facer preguntas! Nuns días poderedes escoitar todo o que se falou.

Este encontro foi moi estimulante, e quedamos con gañas de comezar a facer cine! Imos poñernos a escribir guións e crear historias!
Aquí podedes ver un trailer da película Crebinsky:

martes, 8 de decembro de 2020

Participamos nun proxecto STEM da Unión Europea











Neste curso a nosa aula imos participar nun proxecto europeo chamado KA3 ATS STEM. ATS son as siglas das palabras inglesas Assessment of Transversal Skills (Avaliación de habilidades transversais) e STEM as das palabras inglesas Science, Technology, Engineering e Mathematics (En galego: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). 
Básicamente trátase de que imos avaliar as nosas habilidades transversais, é dicir, habilidades que pertencen a diferentes materias moi relacionadas, neste caso a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.
Estas habilidades son moi importantes para ter éxito nos estudos e, máis adiante, no traballo e o mundo laboral, pois inclúen o pensamento crítico, a comunicación, a capacidade de resolución de problemas, a colaboración, o liderazgo e o uso de ferramentas dixitais.
Participando neste proxecto imos avaliar as nosas habilidades nesas materias e así poder mellorar nelas.
Este proxecto está cofinanciado polo Programa ERASMUS + (Acción 3 - Experimentación de políticas), un programa da Unión Europea de cooperación na educación e a formación. Neste proxecto en concreto participan 8 países: España (representada pola Universidade de Santiago e a Consellería de Educación, Universidad e FP da Xunta de Galicia), Irlanda, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovenia, Finlandia e Suecia. Se premedes nos enlaces da universidade e a consellería veredes máis información.

Podedes obter máis información na páxina http://www.atsstem.eu/ ou premendo neste enlace.

xoves, 3 de decembro de 2020

Debate sobre os deberes

Hoxe fixemos na aula un gran debate sobre os deberes. Formáronse dous grupos, un a favor de que houbese deberes e outro que defendía a postura contraria. Cada quen comezou defendendo a súa postura, expoñendo as razóns da súa opción. Máis tarde abriuse o debate e o alumnado foi intervindo ampliando ou matizando os seus argumentos e respondendo ás intervencións dos demais. Foi un debate moi interesante para todos os partipantes. Desenvolveuse con moita orde, seguindo as indicacións da moderadora, unha das alumnas que o foi por sorteo. Non houbo interrupcións e o respecto cara aos argumentos das compañeiras e compañeiros foi total, sendo escoitados con gran interese.

Asistimos, pois, a un debate moi enriquecedor polas ideas e argumentos que se espuxeron, e tamén polo xeito de expresalos. Ademais, todas e todos participaron con interés, escoitando detidamente os argumentos das demais compañeiras e compañeiro.

Nuns días poderedes escoitar o debate completo na nosa radio, Xixirei nas ondas!



mércores, 2 de decembro de 2020

O Rodaballo

Neste vídeo María Manuela e os seus acompañantes amósanos unha versión da canción tradicional "O Rodaballo", moi popular non hai moitos anos, pero que moitas rapazas e rapaces de hoxe descoñecen. Pois aproveitando que hoxe tratamos o tema dos peixes e saiu o rodaballo, aquí a podedes escoitar e, se queredes, aprender.

Relato xiratorio "Os catro animais"

Este é o texto que escribiron "Os catro animais" sobre este raposo tan descarado.

Cuando llegué a casa, un zorro dormía delante de la puerta placidamente. Era naranja y blanco, y casi un bebé. Me pareció tierno, pero llegó el pesado de mi hermano y lo despertó.
El zorro se enfadó y se volvió al monte, donde lo esperaban su madre y su padre.
Yo no quería que se marchara, porque era muy bonito, pero, bueno, con mi hermano nada puede salir bien...
Después de un tiempo llegó mi madre para hacer la comida y se lo conté todo. Mi madre castigó a mi hermano sin móvil toda la semana.
Yo decidí ir detrás del zorro, pero no pude acercarme, pues sus padres para defenderlo empezaron a atacarme. Yo apenas me pude defender con un palo que cogí del suelo, así que volví a mi casa. El zorro y su familia eran salvajes y debían continuar con su vida, y yo con la mía.

Relato xiratorio "E que máis da!"

Este é o relato que compuxeron no grupo "E que máis da!" sobre o raposo que se encontraron durmindo na porta da súa casa...

Cuando llegué a casa, un zorro dormía delante de la puerta plácidamente. Era naranja y blanco, muy pequeño. Al aproximarme se despertó. Me paré a pensar y miré un cartel que traía en la mano. Ese zorro era el que estaban buscando.
Pero, ¿por qué se había escapado? ¿Sería porque no le daban de comer?
No lo sé, pero abrí la puerta y lo metí en casa.
Se hizo de noche, el zorro contemplaba las preciosas estrellas junto a mi.

Relato xiratorio "Pataco"

Este é o segundo relato xiratorio sobre o raposo que durmía diante da porta da nosa casa. Desta vez é o relato do equipo "Pataco". Esperamos que vos guste.

Cuando llegué a casa, un zorro dormía delante de la puerta plácidamente. 
El zorro era rojo y blanco, era muy bonito. Por allí cerca estaban sus hijos, uno blanco, otro negro y el tercero rojo. Yo le di mi bocadillo de chorizo. El zorro era manso, me fijé en que tenía el pelo largo y los ojos verdes. Como hacía frío los metí en casa. 
Uno de ellos hizo sus necesidades en la alfombra, pero yo no le dije nada, seguro que estaban muy asustados.

martes, 1 de decembro de 2020

Las Meninas e o Museo do Prado

Neste enlace podedes acceder ao itinerario infantil que ofrece a páxina web do Museo do Prado, no cal nos ofrece información moi interesante sobre o cadro "Las Meninas" de Velázquez. Nesta imaxe, autorizado polo museo, podedes ver este famoso e excepcional cadro. 




O traslado das obras do Museo do Prado

Estes días estamos estudando o cadro de "Las Meninas" en clase. Entre outras cousas, soubemos que este cadro, xunto cos demais do Museo do Prado, foron evacuados durante a Guerra Civil. Aquí podedes ver a comemoración que fai o Museo del Prado deste feito, recollida por RTVE (Radio Televisión Española).

Relato xiratorio "Nori o narval"

Este é o relato que escribiron as alumnas e os alumnos do equipo Nori o narval en Lingua Castelá. Fíxérono escribindo cada quen unha frase despois de que escribise a persoa anterior a súa. A primeira oración foilles suxerida: Cuando llegué a casa, un zorro dormía delante de la puerta plácidamente. Este é o resultado: 

Cuando llegué a casa, un zorro dormía delante de la puerta plácidamente y, cuando me di 
cuenta, no encontraba mis gallinas: supuse que él se las comió. Le iba a decir que despertara, pero antes de decirlo lo pensé dos veces, pues si lo despertaba, a correr. 
Cuando entré en casa no había nadie y luego empecé a pensar y recordé que ayer por la noche mi madre dijera que nos íbamos a otra casa.
Fui a ver al zorro, que se había despertado. De su boca salió un miau. Pensé a qué venía ese miau y me di cuenta de que tenía un gato en la boca, y lo rescaté.
El zorro empezó a correr hacia el gato y el gato venía hacia mí (estábamos corriendo por el bosque). Yo corría muchísimo porque me encanta correr y siempre corro un rato, pero volvamos al tema.
Estaba corriendo en el bosque con un gato en la mano, y se me ocurrió subirme a un árbol. El zorro trataba de subir cuando se encontró un lobo y se empezaron a pelear. Aproveché para escapar, pero ahora me perseguía el lobo.
Ahora corría con la esperanza de coger un objeto que me ayudara, y pensé:
-¿Y si llamo a mamá?”-
Pero me di cuenta:-¡Oh no, se me quedó el móvil en casa!-
Corrí más que nunca hacia mi casa, llamé a mamá, pero no me contestaba!
Menos mal que al final llegué a casa y salvé al gato. 
Ahora el cuento se ha acabado. De verdad!

Que vos parece? A min gustoume moito!
Seguide atentas e atentos, porque haberá máis...!


Debate sobre a felicidade