xoves, 29 de outubro de 2020

Manexar as emocións

 Neste vídeo, unhas rapazas e rapaces ensínannos como se poden manexar a emocións, especialmente a ira. Esperamos que vos guste.

mércores, 28 de outubro de 2020

Xadrez e outros xogos na aula

 

Na nosa aula, algúns días realizamos diferentes xogos de estratexia, como o xadrez, as damas ou o wari. Pasámolo moi ben, á vez que desenvolvemos as nosas capacidades de pensamento e de autocontrol. Neste vídeo de aquí abaixo falan da utilidade do xadrez na educación, a ver que vos parece.

Plantación no colexio

  PLANTAMOS MOITAS PLANTAS

Hoxe ímosvos contar como as alumnas o os alumnos de quinto de primaria traballamos no horto.
Plantamos máis de corenta plantas o mércores 7 de outubro de 2020. Estaban con nós 2 profesores, repartímonos en dous grupos e, de 18 alumnas e alumnos que hai na clase, 4 foron plantar en macetas e 14 foron plantar na terra. Tamén temos intención de cambiar o invernadoiro de lugar, a un sitio mellor para que haxa máis espazo para xogar nos recreos.
Imos plantar avelás, castañas, xingkos, landras, sementes de pradairo, noces, sementes de froitas...
Temos sorte por ter este horto tan grande!




Xornalismo en Quinto de Primaria

Na clase de quinto de primaria, o xoves 22 de outubro veu Gloria Mascuñana. Contounos moitas cousas sobre o xornalismo, sobre as partes da noticia, por exemplo: portada, contraportada, título, subtítulo, antesubtitulo, etc. Contounos moitas cousas máis, como que existe unha pirámide ao revés chamada pirámide invertida, para organizar a información dunha noticia, e moito máis...




xoves, 22 de outubro de 2020

luns, 19 de outubro de 2020

AS REGRETAS EN QUINTO

As regretas son unha forma moi divertida de aprender e con elas pódese facer matemáticas, carreiras, formas, caras do 100...

As regretas son un conxunto de paralelepípedos de distintas cores de sección de 1cm.

Cada regreta equivale a un número determinado: a regreta branca mide 1 cm. de lado e representa o número 1. A regreta vermella, con 2 cm, representa o número 2...

Este curso imos a traballar moito cas regretas e seguro que aprenderemos moito. 

Equipo "E que máis da!"

Debate sobre a felicidade