martes, 2 de febreiro de 2021

O colexio rodeado polo mar

Estamos na clase de sociais; como vai moito sol, temos pechadas as persianas.
Cando as subimos e miramos fóra...
Descubrimos que estamos rodeados polo mar!
Cando eu o vin quedeime asustado, entón vin ata onde chegaba a auga, e non me cadraba. Só estaba ata o camiño de onde pasan os coches... Me quedei máis tranquilo, son moi bo cos escape room. Nun concerto cando escoito a música, normalmente miro cara arriba e vexo unhas lámpadas xigantes, estou no auditorio de Galicia, no auditorio de Mozart! Ese sitio ten moita saídas pero, ese se cerraran todas? Ou se se caerán as lámpadas, ou houbera lume, que pasaría e que material nos serviría para escapar vivos?
Esa é a cuestión. Pois estaba todo o colexio “patas arriba” uns profesores para aí, uns alumnos asustados cheos de pánico...
Todo un caos, entón, collín a palabra:
-Tranquilos! Xa sei que estades asustados, pero calculo que en menos de 10 minutos a cobertura non aguantará e nos afogaremos- Iso non funcionou, o que os asustou máis-Teño un plan, alguén terá que saír a coller unha escaleira e, cada un terá que ir a escaleira e subir o tellado antes de que o patio se inunde de todo.
Intentaron coller a escaleira para subir , e un a un foron indo o tellado, ata que subín eu e díxenlles:
-Vale, como os pequenos non saben nadar, temos que buscar unha especie de flotador, claro!, o papel para lavar as mesas co xel.
Foron, cada clase a súa aula, e ata Carmiña colleu as reservas de papel, montamos unha barca e fomos a carreteira, o colexio era máis grande do que parecía, e cando ía a irme, unha quenlla abalanzouse contra min. E esperteime, era un soño!

P D: O COVID-19 NON ERA CONTAXIOSO, ASÍ QUE ESTADE TODOS XUNTOS, NON PASOU NADA.

FIN
V

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade