sábado, 27 de marzo de 2021

O aparato dixestivo

















Traballando no horto novo

O xoves e venres desta semana, a nosa aula estivo a traballar no horto novo. Preparamos camas de cultivo, plantamos árbores froiteiras, recollimos lixo... Traballamos arreo, pero contentos do resultado. Tamén preparamos o terreo para que o alumnado dos cursos máis baixos puidese plantar os seus cultivos e que cada aula puidese plantar unha árbore. 

Aquí podedes ver algunhas das árbores froiteiras que plantamos (pereiras, pexegueiros, maceiras, mirabeles e claudieiras).
















domingo, 21 de marzo de 2021

Inicio da primavera 2021

A primavera comezou este sábado 20 de marzo, ás 10 horas 37 minutos, hora oficial peninsular, segundo cálculos del Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana). Durará 92 días e 18 horas, rematando o 21 de xuño, cando empezará o verán.
O ceo pola mañá estará dominado por Xúpiter e Saturno. Pola noite poderemos ver Marte, ao que se unirá Venus a fins de abril, e Mercurio en maio.
O 10 de xuño producirase un eclipse anular de Sol, que poderemos ver e desde España como un eclipse parcial.
O domingo 28 de marzo adiantaremos o reloxio una hora. Ás 2 da madrugada, hora peninsular, adiantarémolo ata as 3, retomando o horario de verán.
Se queredes ter máis información, accedede á páxina do Instituto Xeográfico Nacional.

xoves, 18 de marzo de 2021

Unha lección de vida

Na páxina de abaixo podedes acceder a un vídeo moi interesante: un grupo de deportistas do Proxecto Enki cóntannos as súas historias de superación. Non volo perdades, é unha lección de vida.

http://www.crtvg.es/deportes/unha-leccion-de-vida

Tamén podedes acceder premendo na imaxe:



martes, 16 de marzo de 2021

A Estación Espacial Internacional

 A Estación Espacial Internacional (en inglés ISS, International Space Station) es un centro de investigación y un laboratorio en órbita á Terra. Nela participan 16 países, entre eles España. A 390 quilómetros de altura alberga una tripulación que vai cambiando cada varios meses. É o obxecto realizado polo ser humano máis grande que hai fora do noso planeta. Neste interesante vídeo podedes coñecer máis sobre ela. 

Abonando o noso horto

Esta semana o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria estivo a extender o esterco polo noso horto, pois é un excelente abono orgánico natural. Tamén botamos cal (carbonato de calcio, CaCO3) co obxectivo de subir o pH do solo (a terra do noso horto é ácida) e que poda asimilar mellor os nutrientes. Nuns días sairemos medir o pH resultante.



luns, 15 de marzo de 2021

Experimento con leite e colorante

O pasado mércores conseguimos facer con éxito o experimento co leite e o colorante. Intentáramolo hai algunhas semanas e non saíra adiante. Daquela empregáramos un colorante moi denso e non fora posible que se espallase polo leite. Desta vez empregamos un colorante máis líquido e saiu cuns efectos moi atractivos. A ver que vos parece.







mércores, 10 de marzo de 2021

Próximos pasos visibles da Estación Espacial Internacional

Na páxina de predición de eventos astronómicos Heavens Above podemos ver os próximos pasos visibles da Estación Espacial Internacional por riba nosa. Aquí podedes ver a táboa. Se queredes máis información, podedes acceder á súa páxina.



Plantamos amorodos e investigamos na lagoa

Estes días estamos a preparar o terreo do novo horto para poder comezar a traballar nel. Grazas ao pai de Leticia, quen traballou o terreo coa súa maquinaria e quen nos trouxo o esterco, agora podemos comezar a traballar nós nel. Moitas grazas! Lástima que non teñamos imaxes que ofrecervos!

Esta mañá saímos coa intención de espallar o esterco, pero estaba a chover e non puidemos. Plantamos amorodos nas macetas e estivemos investigando sobre os animais da lagoa. Finalmente foron as rapazas e os rapaces de 6º que comezaron este traballo. Nós rematarémolo mañá.  













Coidemos as nosas rías

martes, 2 de marzo de 2021

Arte ocasional

 


Está a Terra en perigo?

Está a Terra en perigo? A semana pasada realizamos na aula un debate sobre Medio Ambiente, baixo o título: "Está a Terra en perigo?". Neste podcast podedes escoitar o debate. Esperamos que vos inspire e vos sirva para reflexionar. 

Debate sobre a felicidade