mércores, 10 de febreiro de 2021

O home de cristal

O home de cristal vivía como outro calquera, tiña casa e todo o que teñen os demais seres humanos. Pero el non podía xogar ao fútbol nin a ningún outro xogo. Aínda así non lle importaba nada, el era feliz coas súas cousas, co seu can e co seu gato. A el dábanlle como a nós formigueiros no pe, como a moitos de nós, pero cando lle pasaba a el, non se podía mover.

O seu can, que tamén era de cristal, andaba sempre detrás do gato para amolado. O gato tamén era de cristal, e sempre tiña que escapar do can. Ao home gustaríalle que o seu can e o seu gato non pelexaran e se levaran ben, pero o can ía sempre perseguindo ao gato.

Un día o gato escapou por baixo dunha cadeira seguido polo can, que o perseguía detrás. O gato pasou por riba dun tarro de cristal e... cando o can quixo coller ao gato... pum! rompeu o tarro e o can cortouse cos cristais. Ao final houbo que levalo ao veterinario, onde tiveron que sacarlle o cristal e poñerlle puntos.

Ao chegar a casa, o gato, ao ver que o can estaba ferido sentiu mágoa por el, acariñouno e ao final durmiron xuntos.Ao día seguinte foron quitarlle os puntos ao can. Cando volveu a casa corría e non paraba quieto. Pero o home de cristal por fin podía estar tranquilo na súa casa.

Autor: X

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade