mércores, 10 de febreiro de 2021

O home de cristal

Había unha vez un home de cristal que vivía nunha cova do Himalaia. Tiña unha vida bastante aburrida, xa que non había moito que facer alí. Entón se lle ocorreu a idea de facer unha viaxe a algún lugar do mundo, e de súpeto apareceu un amigo seu e díxolle: “Se vas de viaxe derreteraste”. Pero o home de cristal non lle deu importancia, xa que ao ser de cristal el sabía que non se derretería.
O home de cristal despois de darlle voltas decidiu que iría a Hawai, el xa sabia que lle quedaba lonxe, pero decidiu seguir adiante. Entón o home de cristal recrutou a máis xente de cristal e empezaron entre todos a construír un barco.
Despois de varios meses o barco do home de cristal zarpou e estivo navegando varios anos, contemplando moitas paisaxes. Tiñan recollido moita comida para a viaxe pero non fora suficiente xa que ían pasar por cerca do Polo Norte para chegar a Hawai, e necesitaban subministración.
Aproveitaron que pasaban cerca de Noia e foron visitar de paso a catedral de Santiago e ver o Pórtico da Gloria, xa que sempre quixera velo.
Despois de comprar subministración decidiron ver como era un bar e unha escola, entón chegaron a Lavacolla, xa que sabían que alí hai un bar e unha escola. Primeiro foron o bar, que era O Sabugueira, saíron todos contentos de alí xa que tiña sido moi amables con eles.
A continuación foron a ver como era unha escola e entraron na escola CEIP Mestre Rodriguez Xixirei. O lugar pareceulles ben, pero houberan preferido ver o colexio con nenos. A tripulación de cristal proseguiu a viaxe para chegar ao seu merecido destino.
E aquí remata este conto.
Autor: Z

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade