martes, 2 de febreiro de 2021

A escola no mar

Estabamos na clase de sociais, como vai moito sol, tíñamos pechadas as persianas. Cando as subimos e miramos fóra...
Descubrimos que estabamos rodeados polo mar!
Eu estaba sola na clase con Akane, e púxenme a pensar, pero non entendía porque estabamos rodeados polo mar, Akane tamén púxose a pensar pero non conseguíamos saber por que estabamos rodeadas polo mar.
Akane e eu estabamos moi asustadas. Akane, que é unha obsesionada co paranormal e dixo...
-Quizais un espírito botounos unha maldición e rodeounos polo mar ou quezas nos rodeou polo mar e no mar hai unha quenlla xigante ou un monstro subacuático.-
-Non digas parvadas.- díxenlle eu.
-Esta ben... que facemos?- dixo ela.
-Non sei, pero o que si sei e que imos morrer.- contestei eu.
-Sabes que?- preguntou Akane
-Que?- respondinlle eu.
-Vou investigar pola escola e buscar xente.- dixo ela.
-Vou contigo- díxenlle.
-Si, non me iría mal un pouco de compañía.- dixo ela.
Non encontramos a ninguén, pero seguimos buscando e encontramos a un compañeiro noso, estaba encerrado nun armario e estaba moi nervioso e asustado.
El explicounos o que pasara.
O que pasara era que...
Noso colexio esta cerca do mar, houbera un terremoto.
O mar desbordouse e a escola inundouse.
O neno chamábase Akiro, e nos dixo...
-Os demais profesores e alumnos conseguiron escapar menos nós, imos morrer...-
Eu díxenlle:
-Deixade de dicir que imos morrer, seguro que encontramos unha solución...
CONTINUARÁ
Neko-Chan

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade