domingo, 29 de novembro de 2020

Concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia

 
A ver que vos parece este concerto de Beethoven, interpretado pola Orquesta Sinfónica de Galicia! Trátase da Sinfonía número 3, "Heróica" de Beethoven, gravado o pasado 2 de setembro.

Animais invertebrados

En Ciencias Naturais fixemos traballos por equipos sobre diferentes animais invertebrados. Nesta imaxe vedes a portada do traballo sobre un arácnido, o escorpión do Sahara. 



venres, 27 de novembro de 2020

Tornado nunha botella

Esta semana conseguimos formar un tornado dentro dunha botella, aquí tedes un pequeno vídeo sobre o resultado:

O procedemento que seguimos foi o seguinte:
1. Enchemos de auga unha das botellas ata aproximadamente 2/3 da súa capacidade. Se quere podes engadirlle colorante alimenticio. 
2. Collemos os dous tapóns e facémoslles un furado do mesmo tamaño en ambos os dous tapóns. 
3. Despois pegamos os tapóns, facendo una tubaría improvisada con dos roscas, coa que podemos unir as dúas botellas. 
4. A continuación colocamos os tapóns ás botellas e poñemos unha cara arriba e a outra ao revés. 
5. Xiramos as botellas no sentido das agullas do reloxo varias veces, poñémolas nunha mesa e observamos o que ocorre...
O que sucede é que se forma un pequeno tornado dentro da botella. 
Ao comezo, cando a botella chea está arriba, e a de abaixo so contén aire, a auga case non cae, polo efecto da presión atmosférica. Para que saia a auga ten que entrar aire nesa botella, e faino formando burbullas. Se axitamos a auga facendo círculos permitimos que o aire da botella de abaixo poida subir. Así se forma un vórtice de remuiño e a auga empeza a xirar rapidamente debido á forza centrípeta, que fai que a auga se pegue ás paredes da botella.

Traballos sobre animais vertebrados

Esta semana as alumnas e os alumnos de 5º estiveron a traballar por parellas sobre diferentes animais vertebrados que viven na nosa contorna, como é o caso do raposo, sobre o que traballou unha parella. Ademais, estase a traballar sobre o porco teixo, o esquío, o porco bravo, o corzo, o lobo ou a toupa.

 

mércores, 25 de novembro de 2020

Día da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe no colexio fixemos a nosa contribución a lembrar e reflexionar sobre este día. Segundo a Organización das Nacións Unidas, a violencia contra mulleres e nenas é unha das violacións dos dereitos humáns más extendidas, persistentes e devastadoras do mundo actual. Segue a ser un obstáculo para acadar igualdade, desenvolvemento e paz.
Neste mural participamos todas e todos, a nosa achega para este día.


Cartas!

Estes días as alumnas e os alumnos de 5º están a escribir cartas. Nun primeiro envío escribíronse a si propias e a si propios, dirixidas ao "Meu eu do futuro". Nelas márcanse obxectivos a acadar nestes próximos meses, tanto referidos ao académico, como retos de tipo persoal. Unha vez metidas en sobres gardáronas nunha caixa que abriremos a fins de curso. Establecer obxectivos e metas na vida nos axudará a esforzarnos e superarnos.
Unha segunda carta vai dirixida ao ano novo. Son desexos, tamén dirixidos ao futuro. Non son so persoais, en especial son desexos e esperanzas para todas e todos nós e para a humanidade en xeral.
Finalmente escribíronlle cartas á súa titora do curso pasado. Mandáronas onte e hoxe xa chegaron ao seu destino!


martes, 24 de novembro de 2020

Tanxugueiras, "Miña nai"

 

A ver que che parece este vídeo do grupo Tanxugueiras, unha canción, "Miña nai", do seu último disco Contrapunto. Se queres podes coñecelas entrando na súa páxina web que te facilitamos neste enlace.

Traballos sobre a Idade Media

Durante as últimas semanas estivemos na clase a traballar sobre a Idade Media. Na aula formamos equipos de catro compoñentes, máis un de tres e cada un deles escolleu un tema a investigar sobre a Idade Media. No caso da imaxe de abaixo, escolleron traballar sobre os vikingos e a súa influencia na sociedade medieval. Outros equipos traballaron sobre a Peste Negra e sobre as Cruzadas. Nestes días, ademais, estamos a traballar por parellas sobre a vida cotiá na Idade Media.


domingo, 22 de novembro de 2020

20 de novembro, Día Mundial da Infancia

Este 20 de novembro celebrouse o Día Internacional do Neno, que se celebra desde 1959. Nesta data, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno. Dez anos despois, o 20 de novembro de 1989, logrouse acordar o texto final da Convención sobre os Dereitos do Neno, e todos os países que o firmaron están obrigados a cumprilos. 

Este día lembra que todas as rapazas e todos os rapaces teñen unha serie de dereitos, como o dereito á saúde, a educación e a protección, independemente do lugar do mundo no que teñan nacido. 

No noso colexio celebrámolo lembrando estes dereitos, e cada aula encargouse de traballar arredor dun deles. Á nosa aula tocoulle o DEREITO A RECIBIR UNHA EDUCACIÓN QUE FOMENTE A SOLIDARIEDADE, A AMIZADE E A XUSTIZA ENTRE TODO O MUNDO.

Relacionado coa xustiza, nesta semana fixemos un debate sobre a LIBERDADE, que tamén plasmamos nas seguintes imaxes:













Mesa

Cama




venres, 20 de novembro de 2020

O Monstro

Aquí podedes ler o conto de Antón, O Monstro, xa veredes que chulo!






I Xornada de Filosofía

Hoxe tivemos a primeira xornada de Filosofía na aula de 5º. Debatemos sobre o concepto de Liberdade, que significa para cada quen de nós e sobre os seus límites. Foi unha xornada moi enriquecedora que nos fixo reflexionar moito e que deu lugar a diferentes interpretacións. 




xoves, 19 de novembro de 2020

Premio de relato Samaín 2020

Antón, alumno da aula de 5º de Educación Primaria, foi o gañador dos relatos de Samaín 2020, polo seu relato titulado O Monstro, no concurso correspondente  a 5º e 6º no noso colexio. Un relato moi bo que pronto poderes ler neste blog! Noraboa, Antón!!

luns, 16 de novembro de 2020

Botes da calma

Esta semana pasada fixemos varios botes da calma, para ter na aula. Trátase duns botes recheos de purpurina e auga, pensado para axudar a reducir os estados de ansiedade ou ira. Tamén forma parte dunha técnica para estimular a concentración e a atención selectiva. Neste mesmo blog, publicamos un vídeo sobre esta técnica. Son moi sinxelos de facer e moi eficaces.
 

domingo, 15 de novembro de 2020

Visita a Mona Lisa no museo do Louvre

Neste enlace tedes acceso a unha actividade, na páxina do Museo do Louvre, sobre Leonardo da Vinci e a Mona Lisa:

https://www.louvre.fr/en/leonardo-da-vinci-0/realite-virtuelle#tabs

Entre outras cousas que podedes ver alí está este vídeo:

A mandarina

A semana pasada fixemos en 5º o experimento da mandarina. Diante dunha mandarina que íamos meter en auga para ver se flotaba, tivemos de formular unha hipótese sobre o que pasaría coa mandarina con casca e coa mandarina sen casca, flotarían?, caerían ao fondo?, terían un comportamento distinto nun caso e no outro?, por que?  


Finalmente observamos o que ocorreu, como vedes nas imaxes. No primeiro caso a mandarina flota, a mandarina con monda contén aire entre a pel e a polpa, e o aire ten menos densidade que a auga. No segundo caso, ademais, la mandarina sen monda é máis permeable á auga, que se mete entre os cuarteiróns, aumentando deste xeito o seu peso.

xoves, 12 de novembro de 2020

Sesión de meditación

Con certa frecuencia na nosa aula facemos sesións de meditación. Neses momentos de calma centrámonos na nosa respiración e permanecemos en calma. É unha boa maneira de parar o ritmo de traballo e procurar uns momentos de serenidade. 

Esta actividade, e outras relacionadas, ademais, nos permiten aprender a manexar as nosas emocións e as nosas respostas fronte ás esixencias da vida diaria. E cando podemos, ademais, aproveitamos para  estar ao aire libre, sentindo o mundo ao noso arredor.



domingo, 8 de novembro de 2020

Experimento sobre densidade con auga e aceite

A semana pasada fixemos un experimento moi interesante con auga, xeo e aceite. Seguindo os pasos do método científico, vimos como a auga en estado sólido, o xeo, ten menor densidade que a auga líquida e que o aceite e, polo tanto, flota neste. 

Antes de facer o experimento elaboramos diferentes hipóteses sobre o que podía pasar e, despois do mesmo, rexistramos as nosas observacións.

Debate sobre a felicidade