mércores, 28 de abril de 2021

Masaka Kids Africana

Masaka Kids Africana é un refuxio en Uganda onde dan comida, roupa, educación e atención sanitaria a rapazas e rapaces orfos. A pesares das carencias, as guerras e o desamparo son quen de sorrir e bailar. Aquí podes ver unha das súas coreografías.
Se queres ter máis información podes acceder a estas páxinas:
https://www.masakakidsafricana.com/
https://los40.com/los40/2020/10/09/bigbang/1602242897_277488.html

A vida de Isabel Zendal

De Fisterra a Portosín

sábado, 24 de abril de 2021

Microplásticos

 

Reacción química ácido-base

Este xoves fixemos na aula un experimento que amosa unha reacción química entre un ácido e unha base. O ácido era vinagre e a base bicarbonato sódico. A combinación das dúas sustancias, ao producir CO2, foi quen de inchar un globo primeiro e apagar unhas velas despois. Concentrámonos tanto no experimento que non nos lembramos de facer fotos!
Cando se mesturan o vinagre e concretamente o ácido que leva, que é o ácido acético (CH3COOH), e unha base que é o bicarbonato sódico (NaHCO3) prodúcese dióxido de carbono (CO2) entre outros produtos. Este gas libérase en forma de burbullas, tendea escaparse da botella e chega ata o globo provocando que este se inche.
Ao deixar de producir as burbullas, a reacción química terminouse e o globo non se inchará máis.
Se despois de quitar o globo tapamos a boca da botella e deixamos saír o CO2 sobre unhas velas acendidas apáganse as velas.
Como en todas as nosas sesións experimentais o alumnado propón unha hipótese sobre o que sucederá, observa os resultados e procura unha explicación ao desenvolvemento do experimento.




domingo, 18 de abril de 2021

Día internacional da nai Terra 2021

O vindeiro 22 de abril celébrase o Día internacional da nai Terra. Na páxina das Nacións Unidas dise que: A nai Terra nos pide que actuemos. Os océanos énchese de plásticos e se volven máis ácidos. O calor extremo, os incendios forestais e as inundacións, xunto a unha temporada de furacáns no Atlántico que bateu récords, afectou a millóns de persoas. E agora enfrontámonos ao COVID -19, unha pandemia sanitaria mundial cunha forte relación coa saúde do noso ecosistema. Se queres ter máis información, accede á páxina da ONU
Neste vídeo podedes ver un resumo moi interesante:

O bolso que fala

Ola, eu son un bolso, a miña historia é moi longa, pero vouvos resumir un pouco: cando era pequena era o pelo dun animal, a la dunha ovella. Despois cortáronlle a la e me transformaron nun bolso.
Antes de que a miña dona me comprara, moitas persoas viña collerme e tocarme. Dicían que era o bolso máis lindo e que podía combinar con todas as cores. Eu estaba farta de que me dixeran iso, pero nunca me levaban.
Pero un día apareceu unha moza alta e simpática, dicía que quería levarse un bolso normal. A señora da tenda díxolle que eu era a bolsa máis simple, pero a moza díxolle: “Ese bolso non é o máis simple, pero voumo levar porque combina coa miña roupa. A moza levoume, e foi impresionante, ela falaba comigo, non mo podía crer, a primeira persoa que falaba comigo. Díxome que me escoitara dicir que me quería ir de alí. Eu púxenme a chorar, ela seguro que non me quería levar porque era bonita e que combinaba coas súas roupas, se non só por salvarme.
Pero ela me dixo que non era así. Ela tiña moitos bolsos, pero eu lle gustei máis polo meu deseño. Eu púxenme feliz, ía estar nun lugar seguro e cunha persoa que podía falar comigo. Case sempre temos que falar baixo porque si non a xente pensaría que falaba soa.
Pero un día pasou unha cousa horrible: sen querer berrei e ela respondérame. Os veciños viñeron correndo ao departamento e preguntaron si estaba todo ben. Ela dixo que si, que estaba todo ben, case nos pillan!
Unha cousa que non vos contei e que fomos vivir ao medio do monte. O motivo é que non poderíamos facer a nosa vida sen falar nin berrar. Antes vivíamos nun apartamento, pero alí tiñamos que falar moi baixo e case non podíamos facer nada. Agora, en cambio, aquí podo berrar e facer de todo, e ninguén nos pode escoitar.
Pero un día os cazadores de paxaros viñeron a nosa casa. Eu non podía falar nin berrar, tiña medo, se se me escapaba algo podían asustarse e facernos dano. Pasaba o tempo e non se daban marchado. De repente, un paxaro entrou en casa. Los cazadores empezaron a disparar e deixaron a nosa casa destrozada. Aguantamos nela, pero tempo despois tivémonos que marchar.
Agora vivimos noutra casa no monte. Agora son moi feliz coa miña dona, a quen quero moito.
Momoe

A Cova

Conta a lenda que hai centos de anos nunha cova cerca dun gran río cheo de algas vive un ogro cheo de musgos e algas, a cova está chea de vexetación, é coma un bosque. Aos rapaces lles encanta ir pescar a ese río porque está cheo de peixes, pero nunca se atreven a entrar na cova.
Pero houbo unha vez unha valente nena que quixo entrar, os nenos comezaran a rir dicindo que non ía atreverse, que era unha galiña. Esa nena non era coma as demais, tiña o don da intelixencia e non ía permitir que uns parvos coma eses lle pararan os pés.
Colleu un facho e entrou, estaba todo cheo de musgos, algas e plantas. Foi entrando cada vez máis e máis. A cova era enorme, continuou ata que sentiu algo moi pegañento pola parte traseira, xirouse e non había nada. Palpouse a parte traseira e non había nada, así que se calmou e seguiu camiñando. Estaba moi tranquila, e o cheiro da vexetación lle encantaba. Cada vez ulía máis e mais, e cada vez tiña mais sono e mais sono, pesábanlle moito os brazos e as pernas e non podía seguir camiñando. Entón caeu ao chan, non podía manter os ollos abertos.
E... espertou nun dormitorio, era o seu dormitorio. Ela, moi confundida do que tiña pasado púxose a pensar e entendeu o que tiña sucedido, todo fora un soño, e púxose a rir. Pero non creades que fora un soño, aínda que nunca se sabe...
Zutomayo

A ra de ouro

-“Un campesiño chamado Richard Wagner (non o compositor) que ía pescar un atardecer de inverno encontrou unha ra de cor amarela. Ao principio non lle deu moita importancia, porén, só era unha ra. Pero este animal empezouno a seguir, brincando.
O campesiño estrañouse moito, pero pensou que tarde ou temperán tiña que ir á auga, pois era un anfibio.
E cando o campesiño chegou ao lugar da pesca, a ra sentouse xunto a el. Entón, ao ver isto, interesouse por ela, e descubriu que, cada vez que saltaba, algo caía sobre a súa boca. Cando a ra volveu saltar, o campesiño veu que unha cousa de cor dourado sobresaía da boca da ra. O campesiño dixo con moita alegría a seguinte frase:
Eureka!
(como Arquímedes).
O home correu todo ilusionado a súa casa, pero antes de ir pensou:
“Esta ra é máxica, igual por dentro ten algún mecanismo de ouro, vouna matar”.
Sen ton nin son, colleu unha hacha e matouna, e pronto descubriu que non tiña ningún mecanismo, só era... maxia. A desilusión levouno ata un mal punto. O malestar que sentía non era bo, a súa intelixencia levárano a pasalo mal“...
O contacontos non o facía mal...
- E que pasou despois? - preguntaron os demais nenos.
- Por moito que intentaba facer plans, non o conseguía, a desesperación e o pequeno cuarto no que traballaron chegaron ao seu fin. Inventou unha especie de trade para encontrar ouro automático. Só que algo non funcionou. O trade, en vez de coller ouro, collía desesperación. Finalmente, o trade matou o campesiño. E dise que a pantasma do campesiño vai pasando polos lagos, ríos e océanos para ver de coller unha ra de ouro e exterminala.”
- Por que? - preguntamos todos.
- Porque, segundo el, a riqueza, se non é para el, non é para ninguén - respondeu o contacontos.
- A fábula desta pequena lenda é que nunca hai que desesperarse, se non acabas como el. E tamén, que si a ra te da algo, non pidas máis. Ou acabas coma el.
- E é verdade? - preguntou un.
- Non! - respondeu entre risas o contacontos. - Xaora que non -.
- É como a fábula da galiña de ouro, a primeira parte. - comentei.
- Si, é verdade -. recoñeceu o contacontos.
- A ra parécese a ra dourada velenosa -. comentei.
- Si, era esa raza de ra. Que está en perigo de extinción.
Autor: V

El puente errante

Cuenta la leyenda que en un lugar al noroeste de la Península Ibérica, llamado Galicia había un puente errante. Si, si... un puente errante, un puente vagabundo que iba cambiando de lugar. Nadie sabe muy bien porque, pero un día podía estar cruzando un río, al día siguiente una ría, o una laguna...
Según contaba mi abuela, una vez estuvo en su aldea, ayudando durante todo el invierno a cruzar el río para unir al pueblo dividido por un río que se había desbordado.
Según me ha contado apareció una noche lluviosa de noviembre. Desde septiembre no había parado de llover, por lo que el único paso que había para cruzar el río estaba inundado, al igual que las fincas e incluso el molino de agua que había, apenas se le veía el tejado, y por tanto los niños que vivían en ese lado de la aldea no podían ir a clase, el médico no podía visitar a los enfermos porque el río le impedía el paso, no podían ir a misa e incluso algunas familias habían quedado separadas.
La noche que apareció, había una gran tormenta, la lluvia era muy fuerte y el viento había levantado varias tejas de la casa de mi abuela. Además necesitaban ir a buscar al médico que vivía en el otro lado de la aldea, porque mi bisabuelo estaba muy enfermo. Así que mi abuela, que tenía unos 10 años, sin permiso de su madre salió en busca del médico y en medio de la oscuridad, lo vio. Un puente que cruzaba el río que cada vez crecía más y más, el puente cruzaba de un lado al otro...
No podía creérselo, de donde había salido? Era un milagro.
A pesar de que tenía un poco de miedo, porque dudaba de que fuese real, lo cruzó lo más rápido posible sin mirar atrás y no paró hasta llegar a casa del médico.
Cuando la mujer del médico la vio, se quedó asombrada porque no entendía cómo podía haber llegado hasta allí, y aunque mi abuela se lo intentó explicar, pensó que se lo había imaginado todo.
Al final la abuela convenció al médico y a su mujer para que la acompañasen hasta su casa y así pudiesen ver a su padre y curarlo. Cuando llegaron al puente se quedaron asombrados, cómo había aparecido allí?
Al igual que la abuela, ellos también lo cruzaron lo más rápido posible, porque en el fondo tenían miedo de que fuese una visión o un engaño y que cuando hubiesen puesto un pie desapareciese, cayesen al río y se ahogasen.
Gracias a ese puente llegaron a tiempo para curar al bisabuelo. A la mañana siguiente, cuando la tormenta había pasado y el resto de la aldea lo vio, todos se hacían la misma pregunta: de dónde había salido, cómo había llegado hasta allí... Y aunque al principio todos tenían un poco de miedo, poco a poco fueron cruzando y volviendo a reunirse y a retomar la vida normal.
Pero así como llegó, también se fue, porque una mañana de finales de primavera, cuando el río había recuperado su cauce, ya no estaba allí. Nadie sabía que había pasado, pero eso los motivó para hacer un puente imitando al errante.
Mi abuela me ha contado que con el paso de los años volvió a oír una historia similar en una aldea de Lugo que cruzaba el río Sil.
El tío irlandés

venres, 16 de abril de 2021

Alimentación saudable

Neste enlace da Organización Mundial da Saúde podes ler moitos consellos importantes para ter unha alimentación saudable:
https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/healthy-diet Fíxate nos consellos prácticos para manter unha alimentación saudable.

mércores, 7 de abril de 2021

Informe sobre desperdicio de alimentos en España

Nesta páxina do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, podedes ver datos sobre o desperdicio de alimentos que se produce en España. Como falamos na clase, é importante non malgastar nin desperdiciar os alimentos.

Arco da vella de densidades

Hoxe na nosa aula fixemos un experimento para determinar a diferencia de densidade entre varios líquidos (auga, alcohol, leite condensado, mel e aceite). Cada equipo elaborou hipóteses, probounas e finalmente estableceu a gradación de densidades, o arco da vella de densidades, correspondente. Neste vídeo podedes ver unha parte do proceso de investigación.



Debate sobre a felicidade