domingo, 30 de maio de 2021

A mochila falante

Conta unha lenda que hai unha mochila falante e... aí entro eu! Eu son a mochila que fala! E aínda que non a ides crer, esta é a miña historia: Unha mañá de setembro eu nacín, era unha nena que tiña o pelo marrón e os ollos azuis e estaba rindo todo o tempo, pero o importante e que era a filla da reina dun país que desapareceu hai moito tempo. Cando fixen o meu bautizo viñeron todas as persoas importantes verme, incluso o rei e a raíña doutro país que estaba moi pero que moi lonxe do noso. Pero no medio da festa apareceu unha muller cunha capa negra e o pelo branco, e coa súa maxia levoume.
Despois de 10 anos encerrada nunha cova chea de bichos encontrei un papel que poñía “Un plan de secuestro”. Nese momento viñéronme moitas ideas de quen sería a persoa secuestradora, incluso se era eu a persoa a secuestrar. Todas eran moi cribles, pero despois encontrei outro papel que poñía que ían secuestrar á filla da raíña e debaixo unha foto da nena que se parecía a min, mais abaixo poñía que a ían encerrar nunha cova sen poder saír e había escrito en grande “conseguido”. Cando acabei de ler deime conta que si ou si era eu esa persoa. Nese momento apareceu a muller que me secuestrara. Cando viu que tiña os papeis na man colleu o seu bastón e converteume en mochila, despois díxome que xa que descubrira que era filla da reina e onde vivía que me marchara e que non lle dixera a ninguén onde estivera estes dez anos.
A mochila, ou o que fora, marchou buscar a súa verdadeira casa e aos seus pais, que seguramente nestes dez anos a terían botado moito de menos e que a levarían buscando moito tempo. Despois dunha hora camiñando encontrei un cartel que poñía que desaparecera a filla da nena e que a persoa que a encontrara levaríase unha recompensa, estaba claro que esa nena era eu, pero o malo era que non poñía a dirección do castelo onde vivían o rei e a raíña, porque seguramente alguén arrancara o cartel e eu non puidera saber onde vivían. Pero, aínda así, seguramente alguén me encontraría e me levaría cos meus pais.
Entón, tiven unha ídea: facerme pasar por unha mochila normal e ir encima de alguén que me busque, pero este texto acaba aquí, espero que vos gustara a miña historia.
Así que se vos preguntades por que non acabo e miña historia. É porque despois disto non me acordo, xa que hai 47 que pasou! 
Golfiny

Otra increíble historia de Nex y Quick

Aquí podedes ver outro fantástico cómic dun alumno de 5º. Esperamos que vos guste!


sábado, 29 de maio de 2021

Xa saiu da casca!

 

Como vedes xa saiu da casca o noso primeiro pito. Desexámoslle unha vida feliz!

O primeiro pito!

Xa está a nacer o noso primeiro pito! Este venres o noso primeiro pito comeza a dar sinais de vida. É o principio, aínda ten que traballar para saír do ovo! Esperamos que todo vaia ben e que vaian nacendo todos os da incubadora!

Hotel de insectos













Neste mes de maio, Francis, pai dun alumno da nosa aula, estanos a construír un hotel de insectos, coa axuda do alumnado de todo o colexio. Vai ser un hotel impresionante, no que van poder vivir moitísimos insectos. Ao primeiro houbo de facerse a estrutura xeral do hotel, con diferentes compartimentos, nos cales van poder vivir diferentes especies de insectos. Nestes días estase a traballar poñendo os elementos precisos para que poidan acomodarse, segundo as súas características, os diferentes insectos. É moi importante que cada insecto se encontre a gusto no hotel.
Xa dixemos hai algún tempo que moitos destes insectos son fundamentais para a reprodución de moitas especies vexetais, pois contribúen á súa polinización e reprodución, como é o caso dos abellóns e diferentes tipos de avésporas.
Por se isto non fora pouco, Francis está axudando a que as nosas alumnas e alumnos melloren o seu inglés, pois estalles a ensinar moitos aspectos interesantes sobre a vida natural, en inglés.
Moitas grazas Francis por dedicarnos o teu tempo e esforzo en mellorar o noso colexio!

venres, 28 de maio de 2021

Traballo cooperativo

Neste vídeo, que podedes atopar no xornal GCiencia, vense dúas abellas facendo un curioso traballo cooperativo. Que vos parece?

mércores, 26 de maio de 2021

Día de Vesak

Hoxe, coa lúa chea de maio, é unha data sagrada para millóns de budistas de todo o mundo. Celébrase o nacemento, a iluminación e o tránsito de Buda. Igualmente, seguindo o seu exemplo, anímanos a obrar en favor dos demais, con compaixón e solidaridad, para construir un mundo no que reine a paz. Se queredes ter máis información deste día, podedes acceder á páxina das Nacións Unidas ou premer nesta imaxe, obtida da mesma páxina.

Viaxe ao Círculo Polar Ártico


Mirade este outro cómic dunha alumna da nosa clase. Premede no debuxo para poder ler todo o cómic.

martes, 25 de maio de 2021

Viaxe ao Polo Sur

 

Este cómic o fixo un alumno da nosa clase. Preme na imaxe e poderás ver o cómic completo.

Duelo entre un lagarto arnal e un escáncer

No xornal GCiencia amósanos un vídeo dun duelo entre un lagarto arnal e un escáncer ou liscanzo, na Serra do Barbanza, ofrecido polo portal de divulgación Ría de Noia.

CAIXA NIÑO

Na casa niño que instalamos no mes de decembro nunha das bidueiras que están no areeiro, hai unha familia de paxaros que se instalou nesta primavera para criar. Alá polo mes de decembro a Asociación Ambiental Adiantum coa colaboración de SEO Birdlife cedéranos un lote do Proxecto Aves de Compostela e ... xa temos os primeiros moradores!

A nosa experta en paxaros, Ildara, di que é un ferreiño azul. Canta facendo “tsitsitsitsi”.

xoves, 20 de maio de 2021

Campamentos de verán 2021

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a Campaña de verán 2021, cunha serie de actividades moi interesantes, como os campamentos de verán. Na información da consellería informa que nestas actividades poden participar rapazas e rapaces entre os 9 e 18 anos.Para vós son moi interesantes os campamentos. Como podedes ver na información hai un montón de lugares en Galicia con variedade de actividades moi atractivas. 
Neste enlacehttp://xuventude.xunta.es/accion-de-veran tedes toda a información precisa por se queredes solicitar algún deles. Se accedes pola páxina xeral, http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran Acción de verán 2021, "O Verán que mereces", podes ver todas as posibilidades. Se te interesa ver os campamentos, preme no recadro Acción de verán.

sábado, 15 de maio de 2021

Carreira de regretas e estatística

Esta semana estivemos facendo carreiras de regretas na nosa aula. Imos lanzando un dado alternativamente entre dúas persoas e poñendo a regreta co valor correspondente á puntuación dos dados. Soemos empregar dados de dez caras, pero tamén, se non hai, dous dados de seis caras, repetindo a tirada cando sae un once ou un doce. 

Despois da carreira ven a parte da estatística. Primeiro ordeamos as regretas de menor a maior ou de maior a menor, contamos os puntos totais e, desta vez, rexistramos diferentes valores estadísticos: frecuencia absoluta, frecuencia relativa, moda, mediana. Tamén rexistramos se hai algunha puntuación que non saiu, ou cantas tiradas foron precisas para rematar a carreira.











Todo este traballo estatístico non axuda a traballar con datos extraídos da realidade, como os datos meteorolóxicos, cos que vimos realizando rexistros sistemáticos desde febreiro.



mércores, 12 de maio de 2021

domingo, 9 de maio de 2021

Obradoiro de regueifas na nosa aula

 Este venres pasado tivemos o pracer de facer un obradoiro de regueifas con Lupe Blanco e a Rabela. Aprendemos unha chea de cousas sobre as regueifas, escoitámolas a elas e quedamos coa boca aberta do ben que o facían, e cada alumna e alumno fixeron as súas propias regueifas. Pasámolo xenial. Tamén falaron dun concurso de regueifas, do que aquí vos damos a dirección, animándovos a que participedes: 

https://enregueifate.gal/videos-promocionais-2021/#1514199888617-c5f4f732-9dc20c6c-11156d75-0a4b


Tamén podedes ver estes vídeos nos que saen regueifando estas dúas fantásticas regueifeiras. Moitas grazas por vir á nosa aula!


Incubando...

Este venres puxemos en marcha a incubadora. Temos dentro dela 8 ovos de parrulo e 12 de galiña araucana. Os ovos de galiña eclosionarán, se todo vai ben (esperamos que si!), dentro duns 21 días, mentres que os de parrulo aínda tardarán unha semana máis, é dicir, dentro de 28 días. Esperamos ter unha chea de pitos sans e piando entre fins de maio e principio de xuño!



Debate sobre a felicidade