domingo, 20 de decembro de 2020

Un día na vida da Mona Lisa

Son o cadro da Mona Lisa, tamén coñecido como A Gioconda, e pintoume Leonardo da Vinci. Encóntrome no Museo do Louvre, en París.
Vou contarvos como é un día na miña vida no museo. O meu día comeza pola mañá aínda coas luces apagadas ata as 10. Durante a noite teño que descansar porque despois me espera un día duro. A xente comeza a entrar pola porta do museo ás 10 de mañá. Todos os días o museo énchese de persoas que fan cola durante moito tempo para ver obras de arte, entre elas a min. 
O meu día é moi entretido porque cada día vexo pasar a miles de persoas diferentes e gústame observar como me miran. Tamén me gusta escoitar os distintos idiomas que falan, porque ven xente de todo o mundo. Encántame que me saquen fotos porque síntome moi fermosa.
Pero estou cansa de poñer sempre a mesma cara.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade