xoves, 3 de decembro de 2020

Debate sobre os deberes

Hoxe fixemos na aula un gran debate sobre os deberes. Formáronse dous grupos, un a favor de que houbese deberes e outro que defendía a postura contraria. Cada quen comezou defendendo a súa postura, expoñendo as razóns da súa opción. Máis tarde abriuse o debate e o alumnado foi intervindo ampliando ou matizando os seus argumentos e respondendo ás intervencións dos demais. Foi un debate moi interesante para todos os partipantes. Desenvolveuse con moita orde, seguindo as indicacións da moderadora, unha das alumnas que o foi por sorteo. Non houbo interrupcións e o respecto cara aos argumentos das compañeiras e compañeiros foi total, sendo escoitados con gran interese.

Asistimos, pois, a un debate moi enriquecedor polas ideas e argumentos que se espuxeron, e tamén polo xeito de expresalos. Ademais, todas e todos participaron con interés, escoitando detidamente os argumentos das demais compañeiras e compañeiro.

Nuns días poderedes escoitar o debate completo na nosa radio, Xixirei nas ondas!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade