martes, 8 de decembro de 2020

Participamos nun proxecto STEM da Unión Europea











Neste curso a nosa aula imos participar nun proxecto europeo chamado KA3 ATS STEM. ATS son as siglas das palabras inglesas Assessment of Transversal Skills (Avaliación de habilidades transversais) e STEM as das palabras inglesas Science, Technology, Engineering e Mathematics (En galego: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). 
Básicamente trátase de que imos avaliar as nosas habilidades transversais, é dicir, habilidades que pertencen a diferentes materias moi relacionadas, neste caso a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas.
Estas habilidades son moi importantes para ter éxito nos estudos e, máis adiante, no traballo e o mundo laboral, pois inclúen o pensamento crítico, a comunicación, a capacidade de resolución de problemas, a colaboración, o liderazgo e o uso de ferramentas dixitais.
Participando neste proxecto imos avaliar as nosas habilidades nesas materias e así poder mellorar nelas.
Este proxecto está cofinanciado polo Programa ERASMUS + (Acción 3 - Experimentación de políticas), un programa da Unión Europea de cooperación na educación e a formación. Neste proxecto en concreto participan 8 países: España (representada pola Universidade de Santiago e a Consellería de Educación, Universidad e FP da Xunta de Galicia), Irlanda, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovenia, Finlandia e Suecia. Se premedes nos enlaces da universidade e a consellería veredes máis información.

Podedes obter máis información na páxina http://www.atsstem.eu/ ou premendo neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade