xoves, 17 de decembro de 2020

Experimentos de cores e outras propiedades físicas

Esta semana fixemos na aula dous experimentos relacionados por que en ambos os dous trabállase con cores.

O primeiro, que chamamos Arco da vella no prato, consiste en poñer nun prato unhas cantas lentellas de chocolate e azúcar coloreado, botarlles auga e ver o que ocorre. A cor abandoa os caramelos e tingue a auga, pero as cores non se mesturan. O azúcar aumenta a densidade da auga e forma barreiras de cor.


O segundo experimento, Mestura de cores, traballa a capilaridade, que é a capacidade, grazas a cal a auga pode subir aproveitando conductos minúsculos, o que lle ven moi ben, por exemplo, ás plantas para levar a auga da raíz ás follas. Neste caso, o papel de cociña transmite por capilaridade a auga coloreada duns tarros a outros, formando, así as cores secundarias violeta, laranxa e verde.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade