domingo, 20 de decembro de 2020

Xogando fóra

É unha nena e un neno que están xogando a un xogo que se chama “o potro”. Están ao aire libre. O xogo consiste en que unha persoa ten que estar agachada e outra ten que saltar apoiando as mans no lombo da primeira, e así sucesivamente. Pódense ir sumando novas persoas. 
Trátase dun xogo moi divertido que se pode xogar en calquera lugar no que haxa un pouco de espazo. Non se necesita ningún material. Moitas veces as miñas amigas e eu xogamos ao potro porque nos gusta moito. 
Tamén xogamos a outros xogos, como o brilé, pilla-pilla, escondite... Pero os meus xogos favoritos son o cachivote e este. 
Para xogar ao cachivote necesitamos unha pelota, unha persoa que busque, outras que se escondan. Alguén tenlle que dar unha patada á pelota. A pelota ten que ir o máis lonxe posible. Mentres a quen lle toca vai buscar a pelota, os demais teñen que esconderse. 
A persoa que busca colle a pelota, lévaa ao seu sitio e busca aos demais. Cando atopa a alguén di “1, 2, 3, cachivote por...” (nome da persoa atopada).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade