xoves, 10 de decembro de 2020

Encontro con Enrique Otero

Esta mañán tivemos con nós a Enrique Otero Suárez, director, guionista, produtor de cine, músico e pai dunha alumna da nosa clase. Enrique comezou no mundo do cine en 1992 rodando a curtametraxe Cuchillo e, como músico, gravando o seu primeiro disco Nautilus, co grupo Kozmic Muffin. No 2011 estreouse facendo a súa primeira longametraxe, Crebinsky, coque gañou ata agora máis de 15 premios. Tamén foi candidata aos Premios Goya.
Reunímonos con el na biblioteca do cole e alí nos contou moitísimos aspectos interesantes do mundo do cine, de como se fai unha película, da escrita dos guións, da súa visión do cine, e de moitas outros aspectos desta arte. Tamén nos falou de música e das catro bandas nas que toca. Foi moi interesante, as alumnas e os alumnos estiveron moi atentos e con moita curiosidade, non deixaban de facer preguntas! Nuns días poderedes escoitar todo o que se falou.

Este encontro foi moi estimulante, e quedamos con gañas de comezar a facer cine! Imos poñernos a escribir guións e crear historias!
Aquí podedes ver un trailer da película Crebinsky:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade