sábado, 29 de maio de 2021

Hotel de insectos













Neste mes de maio, Francis, pai dun alumno da nosa aula, estanos a construír un hotel de insectos, coa axuda do alumnado de todo o colexio. Vai ser un hotel impresionante, no que van poder vivir moitísimos insectos. Ao primeiro houbo de facerse a estrutura xeral do hotel, con diferentes compartimentos, nos cales van poder vivir diferentes especies de insectos. Nestes días estase a traballar poñendo os elementos precisos para que poidan acomodarse, segundo as súas características, os diferentes insectos. É moi importante que cada insecto se encontre a gusto no hotel.
Xa dixemos hai algún tempo que moitos destes insectos son fundamentais para a reprodución de moitas especies vexetais, pois contribúen á súa polinización e reprodución, como é o caso dos abellóns e diferentes tipos de avésporas.
Por se isto non fora pouco, Francis está axudando a que as nosas alumnas e alumnos melloren o seu inglés, pois estalles a ensinar moitos aspectos interesantes sobre a vida natural, en inglés.
Moitas grazas Francis por dedicarnos o teu tempo e esforzo en mellorar o noso colexio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade