domingo, 18 de abril de 2021

A ra de ouro

-“Un campesiño chamado Richard Wagner (non o compositor) que ía pescar un atardecer de inverno encontrou unha ra de cor amarela. Ao principio non lle deu moita importancia, porén, só era unha ra. Pero este animal empezouno a seguir, brincando.
O campesiño estrañouse moito, pero pensou que tarde ou temperán tiña que ir á auga, pois era un anfibio.
E cando o campesiño chegou ao lugar da pesca, a ra sentouse xunto a el. Entón, ao ver isto, interesouse por ela, e descubriu que, cada vez que saltaba, algo caía sobre a súa boca. Cando a ra volveu saltar, o campesiño veu que unha cousa de cor dourado sobresaía da boca da ra. O campesiño dixo con moita alegría a seguinte frase:
Eureka!
(como Arquímedes).
O home correu todo ilusionado a súa casa, pero antes de ir pensou:
“Esta ra é máxica, igual por dentro ten algún mecanismo de ouro, vouna matar”.
Sen ton nin son, colleu unha hacha e matouna, e pronto descubriu que non tiña ningún mecanismo, só era... maxia. A desilusión levouno ata un mal punto. O malestar que sentía non era bo, a súa intelixencia levárano a pasalo mal“...
O contacontos non o facía mal...
- E que pasou despois? - preguntaron os demais nenos.
- Por moito que intentaba facer plans, non o conseguía, a desesperación e o pequeno cuarto no que traballaron chegaron ao seu fin. Inventou unha especie de trade para encontrar ouro automático. Só que algo non funcionou. O trade, en vez de coller ouro, collía desesperación. Finalmente, o trade matou o campesiño. E dise que a pantasma do campesiño vai pasando polos lagos, ríos e océanos para ver de coller unha ra de ouro e exterminala.”
- Por que? - preguntamos todos.
- Porque, segundo el, a riqueza, se non é para el, non é para ninguén - respondeu o contacontos.
- A fábula desta pequena lenda é que nunca hai que desesperarse, se non acabas como el. E tamén, que si a ra te da algo, non pidas máis. Ou acabas coma el.
- E é verdade? - preguntou un.
- Non! - respondeu entre risas o contacontos. - Xaora que non -.
- É como a fábula da galiña de ouro, a primeira parte. - comentei.
- Si, é verdade -. recoñeceu o contacontos.
- A ra parécese a ra dourada velenosa -. comentei.
- Si, era esa raza de ra. Que está en perigo de extinción.
Autor: V

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade