domingo, 18 de abril de 2021

A Cova

Conta a lenda que hai centos de anos nunha cova cerca dun gran río cheo de algas vive un ogro cheo de musgos e algas, a cova está chea de vexetación, é coma un bosque. Aos rapaces lles encanta ir pescar a ese río porque está cheo de peixes, pero nunca se atreven a entrar na cova.
Pero houbo unha vez unha valente nena que quixo entrar, os nenos comezaran a rir dicindo que non ía atreverse, que era unha galiña. Esa nena non era coma as demais, tiña o don da intelixencia e non ía permitir que uns parvos coma eses lle pararan os pés.
Colleu un facho e entrou, estaba todo cheo de musgos, algas e plantas. Foi entrando cada vez máis e máis. A cova era enorme, continuou ata que sentiu algo moi pegañento pola parte traseira, xirouse e non había nada. Palpouse a parte traseira e non había nada, así que se calmou e seguiu camiñando. Estaba moi tranquila, e o cheiro da vexetación lle encantaba. Cada vez ulía máis e mais, e cada vez tiña mais sono e mais sono, pesábanlle moito os brazos e as pernas e non podía seguir camiñando. Entón caeu ao chan, non podía manter os ollos abertos.
E... espertou nun dormitorio, era o seu dormitorio. Ela, moi confundida do que tiña pasado púxose a pensar e entendeu o que tiña sucedido, todo fora un soño, e púxose a rir. Pero non creades que fora un soño, aínda que nunca se sabe...
Zutomayo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade