mércores, 25 de novembro de 2020

Cartas!

Estes días as alumnas e os alumnos de 5º están a escribir cartas. Nun primeiro envío escribíronse a si propias e a si propios, dirixidas ao "Meu eu do futuro". Nelas márcanse obxectivos a acadar nestes próximos meses, tanto referidos ao académico, como retos de tipo persoal. Unha vez metidas en sobres gardáronas nunha caixa que abriremos a fins de curso. Establecer obxectivos e metas na vida nos axudará a esforzarnos e superarnos.
Unha segunda carta vai dirixida ao ano novo. Son desexos, tamén dirixidos ao futuro. Non son so persoais, en especial son desexos e esperanzas para todas e todos nós e para a humanidade en xeral.
Finalmente escribíronlle cartas á súa titora do curso pasado. Mandáronas onte e hoxe xa chegaron ao seu destino!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade