venres, 4 de xuño de 2021

O bolso que fala

Ola, eu son un bolso, a miña historia é moi longa, pero vouvos resumir un pouco: cando era pequena era o pelo dun animal, a la dunha ovella. Despois cortáronme a la e me transformaron nun bolso.
Antes de que a miña dona me comprara, moitas persoas viñan collerme e tocarme. Dicían que era o bolso máis lindo e que podía combinar con todas as cores. Eu estaba farta de que me dixeran iso, pero nunca me levaban.
Pero un día apareceu unha moza alta e simpática, dicía que quería levarse un bolso normal. A señora da tenda díxolle que eu era a bolsa máis simple, pero a moza díxolle: “Ese bolso non é o máis simple, pero voumo levar porque combina coa miña roupa. A moza levoume, e foi impresionante, ela falaba comigo, non mo podía crer, a primeira persoa que falaba comigo. Díxome que me escoitara dicir que me quería ir de alí. Eu púxenme a chorar, ela seguro que non me quería levar porque era bonita e que combinaba coas súas roupas, se non só por salvarme.
Pero ela me dixo que non era así. Ela tiña moitos bolsos, pero eu lle gustei máis polo meu deseño. Eu púxenme feliz, ía estar nun lugar seguro e cunha persoa que podía falar comigo. Case sempre temos que falar baixo porque si non a xente pensaría que falaba soa.
Pero un día pasou unha cousa horrible: sen querer berrei e ela respondérame. Os veciños viñeron correndo ao departamento e preguntaron si estaba todo ben. Ela dixo que si, que estaba todo ben, case nos pillan!
Unha cousa que non vos contei e que fomos vivir ao medio do monte. O motivo é que non poderíamos facer a nosa vida sen falar nin berrar. Antes vivíamos nun apartamento, pero alí tiñamos que falar moi baixo e case non podíamos facer nada. Agora, en cambio, aquí podo berrar e facer de todo, e ninguén nos pode escoitar.
Pero un día os cazadores de paxaros viñeron a nosa casa. Eu non podía falar nin berrar, tiña medo, se se me escapaba algo podían asustarse e facernos dano. Pasaba o tempo e non se daban marchado. De repente, un paxaro entrou en casa. Los cazadores empezaron a disparar e deixaron a nosa casa esnaquizada. Aguantamos nela, pero tempo despois tivémonos que marchar.
Agora vivimos noutra casa no monte. Agora son moi feliz coa miña dona, a quen quero moito.
Monoe

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade