sábado, 12 de xuño de 2021

A máquina que encontró Candela, de Golfiny

Hai 10 anos, nunha parte de  Santiago de Compostela, había unha casa na que vivía un señor que tiña mais ou menos 67 anos e era inventor. O seu fallado estaba cheo de inventos, e a ningún lle dera uso. Tiña unha neta que se chamaba Candela, de 19 anos. A rapariga ía visitar ao seu avó todas as tardes, e dáballe as pastillas: a rapaza nunca entrara no fallado, porque o seu avó dicía que só había ratos e non era seguro, pois o chan era moi vello e se andabas encima del podía romper. A rapaza tampouco sabía que o seu avó era inventor, e era normal, porque é moi difícil de crer, el xubilarase había dous anos dun traballo que non tiña nada que ver con isto.

Unha tarde o avó non se encontraba ben, Candela deulle unha pastilla, pero despois de unhas horas o avó caeu ao chan. A rapariga chamou ao 112 e díxolles que apuraran, que seu avó caera, que vivían na rúa da rosa, nunha casa vella, no número 14. En 10 minutos a ambulancia xa estaba alí, e levárono ao hospital. Alí os médicos dixeron que seguramente fora un mareo ou algo así e que se estaba ben, mañá o podía ir ver, e que avisara aos demais familiares do que lle pasou. E tamén lle deron as chaves que tiña.

Unha vez na casa, Candela colleu o telefono e chamou a seu pai para contarlle o que pasara. El quedou moi afectado, e díxolle que xa saía para alá. Cando colgou, Candela, como se aburría soa, decidiu coller as chaves e empezar a probalas en todas as portas que había alí, ata que unha coincidiu coa porta do faiado.

Candela conseguiu abrir e subiu rapidamente. Cando chegou arriba das escaleiras había outra porta, que estaba pechada, pero ningunha das chaves coincidían. No chan encontrou un papel que tiña debuxada unha chave e debaixo poñía que a chave estaba escondida nalgunha parte das escaleiras. Candela púxose a buscala e viu que unha das táboas estaba máis ou menos rota, meteu a man con coidado, e despois de estar un rato movendo a man colleu unha cousa pequena, sacouna para fora e... era a chave!

Moi contenta, púxoa na porta e despechou. Pensou un pouco antes de entrar: “E se era algo que non debería de ver? E se o seu avó se enfadaría moito con ela polo que ía a facer? Pero, por outra parte, pensaba que ao mellor o avó quería que ela vira o que había alí algunha vez... Candela abriu e... cando viu todo o que había alí dentro empezou a facerse moitas preguntas: O seu avó e inventor? Estas máquinas funcionan? Porque o avó non lle dixera nada?. Despois de facerse tantas  preguntas  foi xunta dunha maquina na que podía entrar e leu o cartel: “SE QUERES PROBAR ESTA MÁQUINA, POR FAVOR, FAINO CANDO ESTEA EU, QUE AÍNDA NON A PROBEI”.

Candela fixo caso, pero cando estaba mirando a máquina, sen querer, deulle a un botón e a máquina acendeu. Entón empezou a sentirse rara. Despois dun anaco viu unha imaxe na que estaba falando co seu avó. Nese momento deuse de conta de que era unha máquina para saber o que ía pasar!

Mentres tanto o seu pai chegara. Cando ela escoitou o ruído baixou correndo e pechou a porta. Seu pai fíxolle moitas preguntas, e mentres as contestaba, chegou un coche, e unha señora traía ao seu avó. Así foi como Candela gardou o segredo e empezou a axudar ao seu avó cos inventos.

Golfiny

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade