mércores, 20 de xaneiro de 2021

O señor Samsa

Despois de que o señor Samsa se converteu en escaravello decidiu refacer a súa vida. Entón fixo unha lista con todos os propósitos que tiña agora que era un escaravello. 
O primeiro era buscar moza, o segundo buscar amigos, o terceiro coñecer algunha familia voa, cuarto volver aprender a escribir e a ler e último facer dieta para adelgazar, pois o señor Samsa tiña a barriga moi gorda ou moi ancha. 
Intentou buscar moza pero non foi que. Despois intentou buscar amigos, máis ninguén quería ser o seu amigo. Tampouco tivo éxito para coñecer algunha familia. Nas clases para ler e escribir non entendía nada. 
O señor Samsa non aguantou tampouco a dieta, pois non aguantou e acabou pedindo unha hamburguesa mil con queixo. 
Como nada lle saíra ben inchou coma a pataca máis grande do mundo. 
Púxose moi triste, ata que un día que estaba camiñando pola rúa una nena se lle acercou e lle dixo: 
- Bos dias señor, parece moi triste, que lle pasou para ter esa tristeza? 
O señor Samsa respondeulle que intentara coller moza, pero nada, buscara ter amigos e tampouco nada. O mesmo pasou buscando una familia, intentando aprender a escribir e a ler e procurando adelgazar. Non lle gustaba a súa vida, a xente non paraba de dicirlle cousas como “Que escaravello máis burro!” e cousas así. 
A nena díxolle con valor: 
Pero a ti que te importa o que digan os demais. Non importa que non teñas moza nin familia. O que importa é que ti esteas feliz. Despois de escoitar as palabras da nena o señor Samsa ergueuse os ánimos e seguiu coa súa vida, porque esa era a súa vida, non a de os demais. 
Macapupi


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade