mércores, 20 de xaneiro de 2021

O SEÑOR SAMSA E OS ESCARAVELLOS

O señor Samsa amenceu na cama convertido nun escaravello. 

-SON UN ESCARAVELLO !– berrou presa do medo. 
Era imposible! Pero, por que lle acontecera iso, a el? Por que non a outra persoa? 
O señor Samsa estaba alucinando, que pasou? Intentou lembrar todo o que pasara ao longo do día de onte en busca de respostas. Pero el non fixera nada raro: “Levanteime, almorcei, fun traballar, comín, volvín traballar e vin para casa... un día normal e corrente. Como era posible? Era a persoa máis normal e aburrida deste mundo. 
-Teño que saír tomar o aire .- pensou. 
Así que con moita dificultade gabeou ata ventá que estaba aberta, pero xusto cando chegou ao marco un refacho de aire levouno voando. 
Era unha sensación moi rara, de liberdade e de medo, e no momento no que se atrevera a abrir as súa ás, o vento parou e deixouno caer ao lado do restaurante no que comera onte. 
-Ao mellor dentro atopo a resposta da miña transformación- pensou. 
Decidiu entrar, pola porta de atrás, que daba a cociña e cando entrou viu máis dunha ducia de escaravellos, de diferentes clases, dende vacalouras, a escaravellos peloteiros, escaravellos pulga... 
A todos os que estaban alí pasaralles o mesmo: onte eran humanos normais e correntes e hoxe espertaran convertidos en bechos. Seguro que o cociñeiro envelenara a comida... 
Un escornabois, grande e negro, de súpeto berrou: 
-Mirade o antídoto! 
Nunha balda había un bote que poñía antídoto de escaravello. Estaba claro, tiñan que collelo. 
Entre todos formaron unha escaleira (uns enriba dos outros), para que un pequeno peloteiro chegase ata alí e o tirase. Así, ao romper o bote, o líquido esparexeríase por todo o chan e todos poderían beber del. 
A escena que veu despois, era un pouco graciosa, porque había un montón de persoas, bebendo do chan (como cascudas) e cando o cociñeiro, entrou na cociña e veu iso escapou correndo, moi rápido. 
O señor Samsa intentouno perseguir, pero non o dou collido, perdeuno cando se meteu nunha rúa escura e estreita. 
Todos recuperaran a súa forma humana e non volveron a saber nunca máis do cociñeiro.
El tío irlandés

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade