mércores, 20 de xaneiro de 2021

O señor Samsa

O señor Samsa amenceu na cama convertido nun escaravello. Cando foi dar un berro ao ver en que se convertera, deuse de conta de que non podía falar. 
Marchou voando á cociña mais a porta estaba pechada e non podía abrila, así que saíu voando pola xanela. Non sabia onde ir e atopouse cun animal morto. El odiaba moito os insectos pero sabia moito de eles. Recordou que os escaravellos comían animais e plantas mortas pero el non era quen de comer iso! 
Seguiu voando e no medio do camiño encontrou un humano. Intentou chamar a súa atención, pero a persoa non se daba conta de que se trataba do señor Samsa convertido nun escaravello. O humano intentou matalo porque lle parecía molesto, colleu un zapato e comezou a perseguir ao señor Samsa. Este comezou a voar e despistou a aquela persoa. 
De repente comezou a chover e o señor Samsa non podía seguir voando, así que púxose a camiñar na procura dun refuxio. Cando se deu de conta estaba nunha cova chea de arañas por todas partes. Nada máis dar un paso ficou preso nunha tea de araña. As arañas comezaron a atacalo e el non tiña saída. Todo virouse de cor negra... pero cando abriu os ollos viu que todo tiña sido todo un soño! 
Comprendeu que a vida para os insectos non era fácil e que se moitas persoas téntamos matar cando entran nas casas, co cal a súa vida é complicada de máis. Así que decidiu que nunca máis ía matar insectos inofensivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade