sábado, 12 de xuño de 2021

A máquina do tempo, de Momoe

Hai moito tempo, tanto que case non me acordo, unha nena ía paseando polo bosque. A nena ía moi tranquila, había un lago moi celeste, era precioso. A nena meteuse nel, pero repentinamente, topou con algo moi duro. Fixouse que era unha especie de arco moi grande e intentou sacalo, pero non era quen. Foi chamar a outras persoas que estaban por alí, pero ninguén lle fixo caso.

Entón decidiu sacalo ela soa. Despois de moito tempo conseguiuno. De repente, se fixo un vento e ela apareceu nun portal a carón dunha praia moi rara, a area era de cor azul... Non o podía crer. De repente, empezou a correr, ía como desesperada sen control. Ela quería  irse a súa casa.

Cando por fin conseguiu parar, pensou que o mellor era volver a onde collera o arco, para así poder volver ao portal do lago azul. Pero estaba perdida, non sabía en que lugar da praia estaba e non o daba encontrado. Levara moito tempo correndo sen saber cara onde ía.

Mentres tanto, os pais a estaban buscando, e estaban angustiados, porque non a daban encontrado. A nai acordouse que a nena dixera que ía ao bosque que había ao lado da casa, a pasear. E o pai acordouse que ela os chamara dicindo que atopara un arco moi grande no lago azul e que alí había un portal. Daquela non a creran.

Foron onda o lago azul, pero non viron o portal, así que pensaron que lles mentira. Aínda así, puxéronse a buscala, pero seguía sen aparecer.

De repente, o vento tirounos e foron dar co portal e a praia coa area azul. Quedaron moi sorprendidos, porque nunca tiñan visto area de cor azul.

Puxéronse a correr cara un lado e, ao volver resulta que o portal xa non estaba. Incriblemente, o portal aparecera moi lonxe de onde eles estaban. Puxéronse a correr en dirección do portal e ao chegar alí tampouco estaba, e volvía estar onde estaban ao principio. Decidiron ir polo mar, que finalmente tan so era un lago. Conseguiron chegar onde había unhas persoas e preguntáronlles onde estaban. Unha delas díxolles: “Están no Mundo Colorido, señora”.

Finalmente, despois de moito tempo deron coa súa filla. Abrazáronse con moita alegría e pensaron que o mellor era volver onda o portal que, claro, non estaba onde o deixaran. Pero ao chegar alí, de súpeto, apareceu unha casa con todas as cousas tiradas por alí. Oíron un ruído, déronse a volta e viron un can sinalando un cartel que poñía “Aquí ides vivir, xa que o portal se cerrou e non se pode facer nada. Traede as vosas cousas e moita sorte, saúdos”.

Pasaron varios anos, xa estaban acostumados a vivir no mundo colorido. Non sabemos moito máis deles. So eu son quen de me comunicar con eles. E non pensedes que isto acaba aquí.

E vos preguntaredes quen son eu... Son o dono do Mundo Colorido, non podo axudarlles a saír de aquí, pero procuro que poidan falar co resto da súa familia. Se pasa algo máis xa vos contarei.

CONTINUARA...

Momoe

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade