mércores, 13 de xaneiro de 2021

Kölner Karneval (Entroido de Colonia)

A celebración do Entroido deste ano non vai ser a habitual, non faremos festa conxunta nin virán as familias ao colexio, dada a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir. Pero ímonos disfrazar, cumprindo, iso si, todas as medidas de prevención do covid 19. 
Nesta ocasión imos emular algúns dos principais entroidos do mundo. Á nosa clase correspondeulle por sorteo o Entroido que se celebra na cidade de Colonia, en Alemaña. Neste enlace podedes acceder a unha páxina que nos falta desta celebración. Tamén vos amosamos algunhas imaxes da mesma.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade