Ola a todas e a todos. Mañá comezamos o segundo trimestre! Ánimo! Volvemos vernos despois das vacacións de Nadal, con enerxías renovadas e con moitas gañas de aprender e de facer novos descubrimentos.
Pero..., un momento, antes de empezar, ímonos relaxar, para comezar sen tensións, coa nosa mente serena e o noso corpo tranquilo.
Nesta imaxe e neste enlace tedes moitas ideas para poder relaxarvos. A ver que vos parece!
Ningún comentario:
Publicar un comentario