mércores, 28 de outubro de 2020

Plantación no colexio

  PLANTAMOS MOITAS PLANTAS

Hoxe ímosvos contar como as alumnas o os alumnos de quinto de primaria traballamos no horto.
Plantamos máis de corenta plantas o mércores 7 de outubro de 2020. Estaban con nós 2 profesores, repartímonos en dous grupos e, de 18 alumnas e alumnos que hai na clase, 4 foron plantar en macetas e 14 foron plantar na terra. Tamén temos intención de cambiar o invernadoiro de lugar, a un sitio mellor para que haxa máis espazo para xogar nos recreos.
Imos plantar avelás, castañas, xingkos, landras, sementes de pradairo, noces, sementes de froitas...
Temos sorte por ter este horto tan grande!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Debate sobre a felicidade